sábado, 7 de febrero de 2009

Enriquecemos o noso vocabulario

Para Isabel Maturana

Propóñovos, alumnas de 1º, esta información da que imos partir para seguir co tema do léxico precisando o significado de voces cultas derivadas da mitoloxía e da historia greco-romana.
Os distintos deuses, que coñecimos no tema da rel
ixión exposto por Alejandra, tiñan unha función ben definida. Recordade que o soberano de todos era Zeus-Xúpiter, só limitado no seu poder polo destino e as Parcas.
Estes deuses caracterizábanse polas mismas cualidades e vicios que temos os homes, pero eles eran inmortales.
As lendas inventadas por este antigo pobo forman un poético conxunto chamado
mitoloxía, e foron quen de fascinar a poetas, escritores e artistas de todas as épocas.
Estes mitos e algúns feitos históricos produciron un número interesante de voces que xa son clásicas na nosa linguaxe.
Aquí van algunhas delas:

-Sentirse, ser, verse coma un Adonis: quere significar que alguén ten un aspecto físico perfecto.
Adonis, fillo de Cíniras, rei de Chipre e de Mirra, foi recollido por Afrodita quen llo confiou á raiña dos infernos, Perséfone. Esta prendada do rapaz negouse a devolvelo. Afrodita, tamén enamorada del, queixouse ante Zeus, quen salomonicamente decideu confialo a Perséfone un tercio do ano, a Afrodita outro e darlle libertade para elexir onde vivir o último tercio. Pero un xabarín atacou a Adonis con resultado de morte. Artistas e poetas cantan nas súas obras este triste momento.
Da sangre derramada polo mozo brotou a anémona, primeira e efímera flor da primaveira.
É un mito moi simbólico, pois representa a vexetación que descende ao reino dos mortos para xunguirse a Perséfone durante o inverno, volve á terra na primaveira para unirse ao amor co fin de abrirse e fructificar no verán. Representa a morte e resurrección da natureza renovada sen cesar no transcurso dos anos.

-Alimentos ou medicamentos afrodisíacos: son certos estimulantes do apetito sexual.
Este termo orixínase de Afrodita-Venus, deusa do amor e da beleza. Da voz φρος, escuma, alude á crenza de que foi formada coa escuma do mar. Infiel esposa de Hefestos-Vulcano, tivo numerosos amantes divinos e humanos, como Adonis. É protectora do amor sensual, representada cabalgando a un castrón, representa a luxuria.

-Amazona: dise dunha muller que monta a cabalo ou ten un aspecto varonil. As Amazonas pertencían a unha raza fabulosa de gu
erreiras que segundo os mitógrafos da Antigüidade vivían no Cáucaso e na Asia Menor. Gobernadas por unha raiña, só aceptaban aos homes unha vez ao ano para perpetúar a raza. Se lles nacía un varón devolvíanllo ao pai ou matábano. Vivían da rapiña. Contan que se amputaban o seno dereito

(ἀμαστς, sen peito) para ser máis hábiles co arco e que sentían adoración pola Artemisa de Éfeso, deusa de senos múltiples, a quen instauraron un culto.

O río Amazonas debe o seu nome tamén a esta raza de mulleres pois dín que en América do Sur existira tamén esta lenda.

-Ateneo: é un lugar onde se reúnen estudiosos buscando atopar a verdade e a ilustración do espíritu.

Procede este vocablo da deusa Atenea, deusa da sabiduría, da arte e do comercio, tamén da guerra desde un aspecto científico, por iso se representa con armadura. Recordemos aquí que súa nai Metis, amante de Zeus, foi devorada por el para que o fillo que estaban a punto de ter non o destronase. Pero sentindo un forte dolor de cabeza, Atenea, grazas a un machadazo de Hefesto-Vulcano, xurdeu pola abertura da sien con casco e armada, lanzando un terrible grito de guerra. Así dotada dunha inmensa intelixencia serviulles de conselleira moitas veces aos deuses.
Protectora de Atenas, regaloulles aos seus habitantes unha ramiña de olivo, símbolo de paz e de riqueza. Aportou ás letras e ás artes a enerxía necesaria para a súa irradiación espiritual extendida y constante. Esta divinidade é, polo tanto, o símbolo divino da civilización grega que, grazas á súa forza guerreira, a súa intelixencia, conocementos, a moderación dos costumes e a beleza estudiada dos seus monumentos artísticos y literarios, soubo impoñer o seu dominio sobre o mundo. Máis tarde, os romanos identificárona con
Minerva.

Para saber máis sobre estas entradas, sigue o enlace:
Atlas, Bacanal, Catilinaria, Centauro, Complexo de Edipo, Complexo de Electra, Cupido,
Dionisíaco, Enfermedad venérea, Erótico, Filípica,Harpía, Hercúleo, Lesbiana, Maratoniano, Mecenas, Morfina, Narcisista, Ninfomana, Odisea, Pánico, Pigmalión, Pírrico, Quimera, Sibarita, Talón de Aquiles, Titánico, vulcanizado.




jueves, 5 de febrero de 2009

Imos de caza: As orixes míticas de Roma


Arma virumque canit mira virtute potentem

Iunonisque odio disiectas aequore puppes

hospitium Didus, classem sociosque receptos,

utque epulas inter casus regina requirat.

Vergilius, Aeneidos, I,1-4


Todo é lenda, todo literatura pero gústanos ler e coñecer ese pasado que aínda permanece vivo e senón observa esta parte dunha película americana do ano 1959


  • Preguntas
Despois da moi boa exposición do traballo de Ángela, creo que estamos en disposición de disfrutar co que aprendemos e darnos o gustazo de resolver as seguintes cuestións:

1. Que autor latino e en que obra narra os avatares de Eneas ata chegar ás costas do Lacio? Mapa da viaxe

2. Quen eran: o rei Latino, Lavinia, Ascanio, Alba Longa, Procas, Numitor e Amulio?

3. Por que Rhea Silvia foi obrigada a facerse Vestal? Quen eran as vestais? Que votos debían respetar?

4. Como foi daquela que naceron Rómulo e Remo?
5. Como decidiron Rómulo e Remo quen dos dous sería rei de Roma?

6. Por que se produxo o Rapto das sabinas?

7. Como morreu Rómulo? Que rei foi o seu sucesor?

8. Como subeu ao trono Servio Tulio con ese nome, segundo a lenda?

9. A que debía Tarquinio II o seu alcume de Superbus?

10. Que suceso motivou a caída da monarquía de Tarquinio e a expulsión dos etruscos de Roma? (5O9 a.C)


  • Recursos:
As dúbidas podedes solucionalas aquí:

-Historia de Roma

-Personajes de la historia

-Contos mitolóxicos

-Mapas

-Visita virtual


Visualiza tamén este video, pódevos ser útil.


  • A gran pregunta

Como podemos relacionar a destrución de Troia coa lendaria fundación de Roma?


  • Avaliación
Para a avaliación desta actividade repartiremos como sigue:
- 6 puntos para as dez preguntas
- 4 puntos para a gran pregunta.
Valorarase a xenerosidade nas respostas e a aportación de gráficos, imaxes e todo o que poda contribuír a demostrar a claridade meridiana coa que entendedes todo.
Podedes enviar as respostas por correo, entregalas na clase ou deixalas nesta entrada.
Tedes ata o venres 13 de prazo para rematar a actividade.

  • Crétos
    Agradecemos a todos aqueles que nos proporcionaron material para a elaboración desta "Caza do tesouro" como Cristóbal Macias, Carlos Cabanillas...
  • martes, 27 de enero de 2009

    Verba quae supersunt



    O tempo sigue sen mellorar. Tormenta perfecta. Sen luz. Sen auga. Sen electricidade...a tristura invádenos e nada como ler algo de poesía, con certos matices de ironía e sarcasmo, neste momento para conforto da que escribe. Pero din que compartir permite disfrutar dobremente do que a un lle gusta.
    Nun rincón dun andel atopei este libro que mercara na Culturgal este outono e que estaba a esperar por min e polo momento adecuado. Parece que este momento chegou e así é que descubrín uns versos de Raúl Gómez Pato, profe de latín e grego, que vos recomendo.
    O autor recórdanos unhas palabras de Manuel Antonio que din así: " se é verdade que o poeta pode finxir a súa dor ata o punto de confundir na súa retórica a dor sentida coa imaxinada, que non tentará para finxir que é verdadeiramente súa a obra que escribe, cando en realidade non resulta máis que un compendio, enciclopedia, pouco a pouco e intencionadamente transformada, do que foi zugando, como unha samesuga, no corpo dos signos! Non existen os poetas; como moito, e permítaseme a dúbida, existe a poesía".
    Reproduzo para vos algúns deses versos que di lle deben moito aos clásicos.

    Pseudocatón (fin. do s. IIId.C.)
    Multa legas facito
    Deberás ler moito
    do que inventa o poeta
    (e esquecelo todo).

    Persio (34 d.C.-62)
    Pluvia, ventus, nevisque
    Escapada a vida polas rúas
    fuxindo van as follas, revoando
    entre os húmidos recantos das núas
    roupas de outono, que xa están mollando
    a choiva, o vento, e as neves crúas.
    Marcha como lenemente pisando
    se achega o día próximo, coas súas ínfulas
    aos cansazos entregando...
    E comigo a noite, os seus corceis,
    a horrible pureza da súa nada,
    coas infinitas horas en bordeis
    comerciando a súa luz apagada .
    Mais semella doce, nestes papeis,
    naufragar pola mar da miña rada.


    O que vedes na dereita desta entrada e unha especie de agasallo de Positivas, lista de autores que inspiran os poemas de Gómez Pato e útil como marcapáxinas.

    miércoles, 14 de enero de 2009

    SCRIPTORIUM VERBUMIENSE: A PALABRA CONVERTIDA EN ARTE

    Na primeira metade do século I a. de C. funcionaba xa un comercio de libros en Roma. O autor podía ceder a edición ao editor a cambio dunha cantidade ao contado, ou ben cobrar un tanto por cen sobre os libros que se venderan.
    Os libreiros (bibliopolae) tiñan montadas as súas tendas (taberna libraria)por toda Roma e os libros non debían ser un artículo de luxo. Dicía Xuvenal:

    "lectus erat Cordo Procula minor, urceoli sex
    ornamentum abaci, nec non et paruulus infra
    cantharus et recubans sub eodem marmore Chiron,
    iamque uetus Graecos seruabat cista libellos
    et diuina opici rodebant carmina mures.
    nil habuit Cordus, quis enim negat?..."


    (Satura,III,203-208)
    Codro era pobre pero tiña libros.
    Tampouco se privaba da lectura o que carecía de medios, pois en Roma establecérase dende Augusto ate Traxano unhas trinta bibliotecas públicas.
    Servíanse de tres materiales para escribir, cerae, papyrus e pergamena charta.
    As tabliñas de cera (cerae) consistían nunhas tabliñas de madeira (tabella que chega a significar escritura en xeral) untadas con cera de cor sobre as que se debuxaban os caracteres cun punzón(stilus). Este tiña nun extremo unha especie de espátula que servía para volver a alisar a cera se é que se quería correxir o escrito (vertere stilum).
    Varias tablillas xunguidas por un cordón( linum) formaban un codex ou codicillus.
    Na pintura de Próculo e a súa esposa, ela porta na man dereita o stilus e na esquerda unha tabella.
    Papyrus. Coa médula dun talo de papiro trenzada e prensada formábanse follas (plagulae); estas dividíanse, como nunha páxina dun periódico, en columnas (paginae) e despois pegábanse varias( charta). A última folla pegábase a unha vara de madeira e sobre ela enrolábase o escrito
    ( volumenA vara de madeira tiña nos extremos unha especie de rodas (cornua) que permitían enrolar e desenrolar as follas. O volumen introducíase nun embase cilíndrico de coiro ( membrana) do que pendía un pedazo de pel onde se escribía con minio o título da obra (index, titulus). A este conxunto chásalle liber. A única cara pola que se escribía denominábase frons e a tinta, que se introducía na cana ( calamus) procedía dunha mezcla de goma e feluxe ( atramentum).
    Pergamena charta. O seu nome procede do lugar do orixe deste soporte, é dicir, de Pérgamo, aínda que os antigos a denominaron membrana, isto é pel, a que procedía do gando ovino (pel de año, incluso nonnato=charta virginea)e despois bovino. O procedemento que seguían era o que podemos ver máis abaixo neste video.

    O pergamino tiña certas vantaxes sobre o papiro, pois era máis resistente á humidade e á couza. Ademais podíase escribir por ámbalas dúas par
    tes. Se querían correxir o escrito, cando a tinta estaba fresca, chegaba con limpar cunha esponxa e auga, se estaba seca tiñan que recorrer a rascar, de feito moitas veces, dado o seu elevado precio, rascábase varias veces para poder ser usado en varias ocasións (palimpsestus). As novas tecnoloxías permítennos ler máis dun escrito nun pergamino.
    Varios pergaminos, cosidos polo lado máis longo da figura rectangular que cortaban, chamábase codex como no caso das tabliñas xunguidas.


    A literatura latina estivo a punto de perderse dende comezos do século V ( saqueo de Roma por Alarico) ate o século IX en que Europa veuse sacudida por continuas axitacións.
    San Bieito funda en 529 a abadía de Monte Cassino e para evitar a ociosidade dos monxes, imponlles a tarefa de copiar manuscritos.
    Os monasterios convertíronse en oasis do saber. No medio dos trastornos da Alta Idade Media, a Igresia evita a desaparición da cultura grazas aos obradoiros de copistas, grazas aos scriptoria dos mosteiros. Aí os monxes tiñan unha tarefa que era a de copiar obras, ás veces facéndolles engadidos. O traballo é lento e pesado.
    Estes monxes chamados copistas fan un importante traballo de conservación pero en ocasións negativa, pois, ao ser caro o soporte e escasear, rascan os códices clásicos para escribir sobre eles as sagradas escrituras, aínda que ás veces é ao revés.
    Os manuscritos máis antigos dos que temos noticia son os carolinxios. Carlomagno, coroado emperador, quere reconstruír o antiguo Imperio Romano e no campo das letras intenta recuperar todo o que pode da literatura clásica. Chama a Alcuino e a Eghinardo que descubren a Vitrubio, a Suetonio... Ata o século XIII en que decae o interese polos manuscritos clásicos en beneficio da Escolástica, era a principal ocupación dos monxes que consiguen verdadeiras obras de arte.

    Demoslle ao tema unha pincelada de humor





    En ocasións as páxinas van ilustradas con iluminacións, fermosas letras pintadas con minerais, entre eles o minio,que da esa cor vermella de onde resulta o seu nome de miniaturas. A partires dos carolinxios, a escritura faise moi parecida á nosa, é a letra carolinxia.

    Os manuscritos son moi valiosos. A cuberta que os protexe, normalmente, é unha verdadeira obra de arte. Faise con placas de ouro e prata, gravadas ou non, pedras preciosas, marfil e esmalte.

    Aproveito para contar todo isto ao fío dunha noticia que me interesaba darvos a coñecer
    Do 18 de novembro de 2008 a xuño de 2009 podemos ver en Vigo no museo Verbum a Casa das Palabras unha exposición sobre os libros antes do nacemento da imprenta. A entrada é gratuita.

    Eutropio, autor de referencia

    Eutropio naceu pouco despois do 320 d. C. Contemporáneo do emperador Valente e de Xuliano; morreu con posterioridade ao ano 387 ou 390.

    Non se sabe con certeza o seu lugar de nacemento, crese que sería de Italia ou ben da provincia de Asia polo seu nome grego.

    Perteneceu a unha familia acomodada, formándose para desempeñar diversos cargos administrativos no estado, ata que no ano 387 logra compartir o consulado co emperador Valentiniano II.

    A súa actividade literaria debeu de ser amplia, ainda que só se conserve a súa obra Breviarium. A dedicatoria da súa obra a Valente é proba da súa gratitude cara o emperador. Durante os anos 367-369 Valente estiuvo loitando na rexión do Danubio contra os godos. Se cadra Eutropio o acompañara. Nestes anos foi nomeado magister memoriae de Valente, cargo que ocupa ata o 369 cando lle dedicou o Breviarium. Entregou a súa obra ao emperador cando este celebrara o seu triunfo sobre os godos asumira o título de Gothicus Maximus. Proporcionanos estes datos o propio título da dedicatoria que encabeza a obra:
    DOMINO VALENTI
    GOTHICO MAXIMO PERPETUO AUGUSTO
    EUTROPIUS V.C.MAGISTER MEMORIAE ( V.(ir) C.(larissimus)

    O título da obra ben pode entenderse como resumo , ou síntese persoal procedente de varias obras. Este xénero historiográfico tivo moito éxito en Roma, pois era un xénero moi demandado polo público. Estaba moi en contacto con outros subxéneros como a biografía, seguindo neste caso o estilo e a información facilitada por Suetonio (o esquema é sempre o mesmo: orixe, vida privada do César en cuestión, formación militar, política interior, retrato no que se incluen os costumes, cultura, gustos literarios; a morte, duración do reinado, loa ou condena do emperador).

    A obra divídese en dez libros onde se narra a historia de Roma dende a fundación da cidade ata a morte de Xoviano no ano 364.

    Limítase a transmitir os acontecementos máis significativos e só nas historias dos emperadores engade algunhas características dos mesmos, moi curtas polo xeral pero brillantes pola súa imparcialidade.

    Empregou como fontes a Tito Livio sobre todo para a época da monarquía e a república; Suetonio, e unha serie de autores secundarios(Fabio Pictor, Floro).

    O estilo de Eutropio é claro e sinxelo
    • prefire a parataxe á hipotaxe :yuxtaposición de participios como en VIII, 4 onde aparecen exhibens…frequentans…habens…sedens e outros.
    • tende ao uso da pasiva impersoal, que atopamos en I, 20 Camilo…Gallis superventum est ou en IV, 27 sucessum est ei a C. Mario.
    • O seu vocabulario é simple, técnico en ocasións, reflexo da documentación oficial que manexa. Difire do clásico por algúns vocablos novidosos como dubietas, medietas, nimietas, por algunhas palabras novas como incturae ( corpus militare) ou por algunhas recentes accepcións de vocablos xa existentes como exsequiae. Pódese continuar polo uso de nomes de axente en –tor–sor como receptor, corrector, affectator, locupletor, repressor…propios do latín tardio. Outros térmos que non son clásicos aparecen sobre todo na época imperial. O léxico de Eutropio evidencia tamén a evolución que viña sufrindo o latín literario e que acabaría dando orixe as linguas romances. O fenómeno máis frecuente é a transposición dos tempos do verbo sum nas formas perifrásticas, tamén hai que sinalar o uso do pluscuamperfecto con habeo+ participio de pasado como en VI, 19 ubi milites congregatos habebat ou genituram filiorum ita cognitam habuit de VII, 20 e o uso de quod en completivas con verbos de fala, inicio do proceso que acabará sustituindo os infinitivos por conxuncións nas linguas romances.
    • A preocupación principal do autor é a brevitas , alcanzada con elipsis de distinto tipo como construcciones participiales e asíndeton; mais tamén un certo desexo de variatio, especialmente nos cinco últimos libros; algún pleonasmo, exemplos de quiasmo, pararelismo buscado nalgunhas frases e algunhas expresóns poéticas.
    Por último sinalar as dúas partes ben diferenciadas da obra que irían do libro I ao VI , claro epítome de Livio e do VII ao X, de carácter biográfico.


    Vai agora unha selecta de textos escollidos pola súa dificultade e extensión que faremos na clase. Xa vos diréi cando. As cuestións que os acompañan parécenme importantes, por iso faremos fincapé en todas elas, aínda que a CIUG eliminara as preguntas de cultura .



    TEXTOS

    Fazañas de Pompeio en varios lugares (VI, 1)
    Pompeius mox etiam Albanis bellum intulit et eorum regem Oroden ter vicit, postremo per epistulas ac munera rogatus veniam ei ac pacem dedit. Hiberiae quoque regem Artacen vicit acie et in deditionem accepit. Armeniam minorem Deiotaro, Galatiae regi, donavit, quia socius belli Mithridatici fuerat.

    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto
    2. Comenta gramaticalmente o texto en cursiva
    3. Responde a unha das preguntas:
    a) Funcións do acusativo, ademais da de expresar o obxecto directo da oración.
    b) Os complementos circunstanciais de lugar con e sin preposición.
    c) Diversas manifestacións da arquitectura romana do ocio en Hispania.
    d) Debuxa a estrutura dun campamento romano, e explica as distintas partes.
    e) Cicerón: Orador e rétor
    f) Enumera os personaxes típicos da comedia de Plauto, e sitúaos en Anfitrión.
    g) Diferencia entre domus, villa e insula.
    h) Na administración romana, Lucus Augusti, era un municipium ou unha colonia? Explica o sentido dambos términos.

    O comenzo da monarquía (I, 1)
    Romanum imperium ... a Romulo exordium habet, qui Reae Silviae, Vestalis virginis, filius et, quantum putatus est, Martis cum Remo fratre uno partu editus est. Is cum inter pastores latrocinaretur, decem et octo annos natus urbem exiguam in Palatino monte constituit XI Kal. Maias, Olympiadis sextae anno tertio, post Troiae excidium, ut qui plurimum minimumque tradunt, anno trecentesimo nonagesimo quarto.


    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto.
    2. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras do texto: virginis, putatus est, latrocinaretur, constituit.
    3. Analiza sintácticamente o texto en cursiva.
    4. Escribe dúas palabras galegas ou españolas relacionadas etimoloxicamente con plurimum e outras dúas con trado.
    5. Explica os cambios fonéticos experimentados por cadansúa das siguientes palabras latinas na súa evolución ao español e o galego: filius, decem.
    6. Explica que tipo de obras inclue o xénero satírico.


    Creación do consulado (I, 9)
    Hinc consules coepere, pro uno rege duo, hac causa creati, ut, si unus malus esse voluisset, alter eum, habens potestatem similem, coerceret. Et placuit ne imperium longius quam annuum haberent, ne per diuturnitatem potestatis insolentiores redderentur, sed civiles semper essent, qui se post annum scirent futuros esse privatos.


    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto.
    2. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras do texto: coepere, voluisset, eum, longius.
    3. Analiza sintacticamente o texto en cursiva.
    4. Virxilio, poeta épico e didáctico
    5. Sinala a evolución sufrida polos diptongos ao galego ou español, poñendo exemplos do texto.

    Os tarentinos chaman a Pirro (II, 9)
    Eodem tempore Tarentinis, qui iam in ultima Italia sunt, bellum indictum est, quia legatis Romanorum iniuriam fecissent. Hi Pyrrum, Epiri regem, contra Romanos in auxilium poposcerunt, qui ex genere Achillis originem trahebat. Is mox ad Italiam venit, tumque primum Romani cum transmarino hoste dimicaverunt.


    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto.
    2. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras do texto: eodem, indictum est, legatis, fecissent.
    3. Analiza sintacticamente o texto en cursiva.
    4. Escribe dúas palabras galegas ou españolas relacionadas etimoloxicamente con iniuria e outras dúas con bellum.
    5. Explica os cambios fonéticos experimentados por cada unha das seguintes palabras latinas na súa evolución ao galego ou o español: hostem, trahebat.
    6. Menciona dous autores líricos e unha obra de cada un.


    Os romanos derrotan aos cartaxineses no mar (II, 20)
    Quinto anno Punici belli, quod contra Afros gerebatur, primum Romani C. Duillio et Cn. Cornelio Asina consulibus in mari dimicaverunt paratis navibus rostratis, quas Liburnas vocant. Consul Cornelius fraude deceptus est. Duillius commisso proelio Carthaginiensium ducem vicit, triginta et unam naves cepit, quattuordecim mersit, septem milia hostium cepit, tria milia occidit.


    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto.
    2. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras do texto: gerebatur, quas, commisso, hostium.
    3. Analiza sintacticamente o texto en cursiva.
    4. Escribe dúas palabras españolas en las que entre como componente gero e outras dúas con voco.
    5. Explica os cambios fonéticos experimentados por cada una das seguintes palabras latinas na súa evolución ao español e o galego: quattuordecim, septem.
    6. Fala brevemente do xénero filosófico en Roma e menciona un autor e unha obra.


    Comezo da Segunda Guerra Púnica (III, 7)
    Eodem anno bellum Punicum secundum Romanis inlatum est per Hannibalem, Carthaginiensium ducem, qui Saguntum, Hispaniae civitatem Romanis amicam, obpugnare adgressus est, annum agens vicesimum aetatis, copiis congregatis CL milium. Huic Romani per legatos denuntiaverunt, ut bello abstineret. Is legatos admittere noluit.


    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto.
    2. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras do texto: inlatum est, Carthaginiensium, abstineret, noluit.
    3. Analiza sintacticamente o texto en cursiva.
    4. Escribe dúas palabras españolas e dúas galegas relacionadas etimologicamente con ago e outras dúas con dux.
    5. Explica os cambios fonéticos experimentados por cada una das seguintes palabras latinas na súa evolución ao español e ao galego: secundum, aetatem.
    6. Características do teatro romano; nombra dous representantes do xénero.

    Traxano convértese en emperador (VIII, 2)
    Successit ei Ulpius Crinitus Traianus, natus Italicae in Hispania, familia antiqua magis quam clara. Nam pater eius primum consul fuit. Imperator autem apud Agrippinam in Galliis factus est. Rem publicam ita administravit, ut omnibus principibus merito praeferatur, inusitatae civilitatis et fortitudinis.


    CUESTIONARIO
    1. Traduce o texto.
    2. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras do texto: ei, omnibus, praeferatur, civilitatis.
    3. Analiza sintacticamente o texto en cursiva
    4. Escribe dúas palabras españolas ou galegas relacionadas etimoloxicamente con succedo e outras con omnis.
    5. Explica os cambios fonéticos experimentados por cada una das seguintes palabras latinas na súa evolución ao galego ou español: imperatorem, factum.
    6. Sinala algunhas características do xénero da novela romana e menciona un autor e unha obra.

    Aquí van algúns textos máis escollidos pola súa dificultade, pero agora sen cuestións

    Hamilcar retírase derrotado
    In mari pugnatum est, et Hamilcar victus est nam, perditis sexaginta navibus retro se recepit. Romani viginti duas amiserunt. Sed cum in Africam transissent, Clypeam, Africae civitatem in deditionem acceperunt. Consules usque ad Carthaginem processerunt multisque vastatis oppidis, Manlius victor Romam rediit, et viginti septem milia captivorum reduxit.
    Eutropio: Breviarium, I, 21 (adaptado)

    Nacemento da República Romana
    Consules erant pro uno rege duo. Fuerunt igitur anno primo consules L. Iunius Brutus et Tarquinius Collatinus, maritus Lucretiae. Sed Tarquinius cum omni patrimonio suo ex urbe migravit. Fecit tamen bellum in urbem Romae rex Tarquinius qui expulsus erat.
    Eutropio: Breviarium I, 9 (adaptado)

    Creación do Senado
    Romulus ex nomine suo civitatem Romam vocavit. Multitudinem finitimorum in civitatem recepit, centum ex senioribus legit et senatores nominavit propter senectutem. Uxores populus Romanus non habebat, invitavit ad spectaculum ludorum urbis Romae vicinas nationes atque virgines capit.
    Eutropio: Breviarium I, 2 (adaptado)

    Victoria naval nas Guerras Púnicas
    Quinto anno Punici belli, Romani consules in mari pugnaverunt navibus rostratis. Consul Duillius bello Carthaginiensium ducem vicit, triginta et unam naves cepit. Scipio Corsicam et Sardiniam oppugnavit, tum multa milia captivorum ducit, triumphum egit.
    Eutropio: Breviarium II, 20 (adaptado)

    Camilo sofoca a rebelión de Veyes
    Post viginti annos Veientani rebellaverunt. Dictator Furius Camillus primum Veientanos in pugna vincit deinde civitatem capit, antiquissimam Italiaeque ditissimam. Galli ad urbem a(b) Gallia venerunt, Romanos vincunt et urbem occupaverunt. Sed Camillus Gallos vicit et Romani Camillum secundum Romulum appellaverunt.
    Eutropio: Breviarium I, 20 (adaptado)

    Se queredes máis texto recoméndovos visitar esta dirección
    Obra completa de Eutropio


    lunes, 5 de enero de 2009

    Annum faustum


    Gracias, Fernando!
    Related Posts with Thumbnails