jueves, 25 de marzo de 2010

O que promete e non da...

O que promete e non da, ten o demo na ventá, sete días, sete noites e nunca de alí lle sairá.
Este refrán galego fai referencia a un tipo de persoas coas que convivimos e que dende antiguo veñen sendo obxecto da crítica e a sátira popular.
Un proverbio grego que reflexionaba sobre estes individuos foi o tema escollido por Fedro para compoñer unha fábula que onte traducíamos na clase de 2º BAC. Dí así:
Mons parturiens

Mons parturibat, gemitus immanes ciens,
Eratque in terris maxima exspectatio.
At ille murem peperit. Hoc scriptum est tibi,
Qui, magna cum minaris, extricas nihil.
Phaedrus, Liber Fabularum,liber IV, XXIV

Tamén Horacio faise eco deste mesmo proverbio e así atopamos en Ars Poetica, 139
parturient montes, nascetur ridiculus mus
Falando da épica cíclica, que como sabedes foi un conxunto de poemas posthoméricos amañados artificialmente polos filólogos alexandrinos de maneira que formaban unha serie continua de historias, desde a fundación do mundo ata o fin da época heroica, o termo gaña un matiz peiorativo pola súa pesadez e falta de relevo dramático. Con este verso Horacio da exemplo  da fatuidade de tales empresas, en contra das recomendacións aristotélicas e peripatéticas máis tarde de empezar a narración in media res.
Con esta mesma intención atopamos outra referencia en Virxilio
...saepe exiguus mus
sub terris possuitque domos atque horrea fecit, 
aut oculis capti fodere cubilia talpae,
inventusque cavis bufo et quae plurima terrae
mostra ferunt, populatque ingentem farris acervum
curculio atque inopi metuens formica senectae.
Liber Georgicon, I,180 e ss.



Patet omnibus veritas, nondum est occupata: multum ex illa etiam futuris relictum est.

Séneca, Epístolas morales, 33, 11

domingo, 14 de marzo de 2010

En feminino: A máis grande

Andamos en xornadas próximas ao 8 de marzo en non quero deixar de falar dalgunha muller relevante na noso particular ámbito pero con unha transcendencia espectacular en moitas outras áreas do coñecedemento hoxe compartimentado.
Obtei por non titular este post co nome da muller da que vou falar, porque está de moda e ás veces estar de moda non é o mellor.
A raíz da película Ágora de Amenabar ( tedes aquí entre outras cousas o trailer oficial da película), todos sabemos xa quen é Ὑπατία, pero eu quería abundar.
A obra de María Dzielska publicada por Siruela o ano 2004, ofréceme certa información que me fai reflexinar sobre "A máis grande".
É verdade que a Ilustración, o Romanticismo e o feminismo  tomárona como mártir. Hoxe é símbolo de moitas causas dende a libertade de pensamento, da idade dourada do pensamento clásico ou da liberdade sexual, pola súa condición de atractiva muller rodeada de homes pero sen lazos permanentes coñecidos con ningún deles (aínda que hai quen opina que estivo casada cun filósofo  pero que se mantivo virxe).
A min interésame destacar o seu aspecto de traballadora, colaboradora do seu pai  Teón de Alexandría, un reputado científico particualrmente brillante na astronomía e as matemáticas. E tamén a súa labor docente. Considero que grazas ás súas ensinanzas son moitas as obras que de non ser por ela teríanse perdido.
Teón de Alexandría  estudiaba os textos de Euclides, o primeiro matemático da historia e así mesmo predecía eclipses, polas súas exactas medicións dos corpos celestes e ademáis impartía docencia no Museo de Alexandría, onde os intelectuales buscaban entender a mecánica celeste como expresión da obra dos deuses.
Neste contexto Hipatia facía comentarios ás obras de importantes astrónomos e matemáticos,como ao Almagesto de Tolomeo onde se describe por primeira vez o movemento dos planetas ou facía algunha edición nova coma a das Tablas do astrónomo Tolomeo que os estudiosos medievais coñeceron grazas á inclusión nunha obra posterior O Canon Astronómico de Hesequio de Alexandría.Ela deu a coñecer a Diofanto, o pai da álxebra, polo que se interesou especialmente e comentou a súa obra de aritmética. Algunhas destas contribucións eran firmadas polo seu pai.

Hipatia impartía docencia na súa casa a onde acudían importantes estudiosos de Alexandría e de fóra, convertíndose axiña no principal cenáculo intelectual da cidade a finais do século IV. Ela foi mestra da élite, incluso do prefecto romano Orestes, con quen a ligaba unha estreita amizade. Os seus alumnos aprenderon a elaborar instrumentos como o hidrómetro ou o astrolabio, fundamental logo para os navegantes, primeiro do Islam no século VIII e logo para a conquista de América no s. XV.

Durante a súa vida todo isto serviulle para ser acusada de seductora por medio de artes diabólicas, de meiga e finalmente para ser humillada e asasinada.
Hoxe sabemos que Hipatia levou o modo de vida dos homes e mulleres de ciencia máis comprometidos coa súa vocación investigadora e docente e ás veces isto ten un prezo moi alto,  pero pese a quen pese foi un elo imprescindible na historia (case como todos os que nos adicamos a ensinar, permítaseme a ironía) pero ela naceu nun mal momento, encrucillada entre o declinar do poder civil romano e o empuxe da Iglesia.

lunes, 8 de marzo de 2010

Día internacional da muller traballadora

Lisístrata pode considerarse a semente deste día que todas as mulleres traballadoras celebramos hoxe.

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.

Lisístrata, Λυσιστράτη a que disolve os exércitos, é a muller dun soldado ateniense, que cansa de continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras poleis gregas, reúne ás mulleres de ambos bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. En efecto, a nosa heroina,  está farta das miserias que lles acarrean como a separación dos maridos, os problemas de abastecemento de mercandurias, os gastos económicos...  idea un mecanismo infalible para acabar coa estupidez dos homes e así sucede en efecto. Ao final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, asinan a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres..
Trátase, pois, dun argumento sinxelo e gracioso, pero é que a obra foi escrito fai máis de 2.400 anos como manifesto pacifista. De aí vén a súa gran actualidade, como o papel activo das mulleres nunha época en que estas se atopaban absolutamente marxinadas.

Aristófanes contóunolo nun tono cómico. Este é un fragmento do xuramento inicial:

"-Lisístrata   Lampito, todas as mulleres toquen esta copa, e repitan logo de min: non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
- Cleónica: Non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
Lisístrata, a película





- Lisístrata: Aínda que veña a min en condicións lamentables.
- Cleónica: Aínda que veña a min en condicións lamentables. (¡Oh Lisístrata, isto estame matando!)
- Lisístrata: Permanecerei intocable na miña casa.
- Cleónica: Permanecerei intocable na miña casa.
- Lisístrata: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Cleónica: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Lisístrata: E farei que me desexe.
- Cleónica: E farei que me desexe.
- Lisístrata: Non me entregarei.
- Cleónica: Non me entregarei.
- Lisístrata: E se el obrígame.
- Cleónica: E se el obrígame.

- Lisístrata: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
- Cleónica: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
(...)
- Lisístrata: Todas xuraron?
- Mirrina: Todas.

Hai unha película española  do ano 2002, dirixida por Francesc Bellmunt, con  Maribel Verdú (Lisístrata), Juan Luís Galiardo, Javier Gurruchaga, Aitor Mazo, Jesús Bonilla e Sonia Ferrer. En realidade, está baseada no cómic de Ralf König, pois a película conta como no ano 411 a. C. Atenas e Esparta están sumidas nunha guerra sen solución á vista. Debido á situación, as mulleres, lideradas por Lisístrata, decláranse en folga de sexo ata que termine a guerra. Isto fai que a moral dos homes baixe considerablemente e por iso busquen unha solución. En este caso a solución é distinta á que propón Aristófanes.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Luciano de Samósata


Deste sirio que vive no s.II sabemos ben pouco aínda que fixo o posible por darse a coñecer, xa que os seus contemporáneos pouco ou nada nos contaron del. Para este fin escribe El sueño o La vida de Luciano, que a dicir de José Alsina (Luciano de Samósata Diálogos. Ed. Planeta, 1988, Barcelona) "cada vez que lo releo, más convencido estoy de su falsedad, más me aferro a la idea de que es una broma con que Luciano ha querido burlarse de todos nosotros".
O que si sabemos é que tiña un espíritu burlón e satírico, disposto a fustigar a ignorancia, a hipocresía, a superstición, as actitudes irracionais.
Seguidor da Segunda Sofística crea unha forma literaria nova, o diálogo, froito da mezcla da comedia de Menandro e o diálogo de Plauto, ligado ao seu nome para sempre.É unha forma nova cunha finalidade antiga, pois a intención de Luciano non é a de cambiar aos contemporáneos senón provocar a risa.
A crítica consiguea levando as cousas ao absurdo, como en Nigrino, Vida de Demonacte,... O tono que domina a súa obra é malévolo, sarcástico e acerado.
Ás veces cámbiao como na Historia verdadeira, poñéndose serio quere contar como han de facer os historiadores para non caer nos erros habituais do xénero.
Tivo moitos seareiros durante  o Renacemento e a Ilustración. Encontramos as súas pegadas en autores europeos en maior ou menor medida en cada caso, así Erasmo de Rotterdam, Rabelais, Swift, Luis Vives, Cervantes, Mateo Alemán, Vélez de Guevara ou Quevedo. Pero tamén Voltaire, Maquiavelo ou Roïdis.

Déixobos co Diálogo dos mortos, número X. Neste xenial diálogo, Luciano de Samósata  ríese, a través do filósofo cínico Menipo, do puoco que serve diante da morte as vanidades, grandezas, fortunas, vicios e debilidades humanas, frente á sabiduría que é todo o que el posuía, e si pode levar consigo. No enlace podedes ler máis. A obra completa na Biblioteca do departamento, xa o sabedes.


Caronte, Hermes e varios Mortos


CARONTE.- Mirade cal é a nosa situación. Como podedes observar, a nosa barquichuela é moi pequena, carcomida e chea de buracos, e, só que se incline un pouco máis, envorcaremos; e vós, chegastes todos á vez, e ademais con moito equipaxe. Así que se embarcades con todo, logo podédesvos arrepentir, especialmente os que non saben nadar.
HERMES.- E que podemos facer para chegar a bo porto?
CARONTE.- Eu aconséllovos que deixedes na beira toda esa carga inútil e subades sen nada, e aínda así non será fácil que a embarcación aguante. A ti, Hermes, ordénoche que non permitas a entrada a aqueles que antes non deixen a súa equipaxe en terra. De pé xunto á escaleira, pásalles revista e non os aceptes se antes non se desposuíron de todo a equipaxe.
HERMES.- Tes moita razón, así que acatarei as túas ordes. Imos ver, quen é o primeiro?
MENIPO.- Son Menipo. Mira, Hermes lanzou ao auga a miña alforxa e o meu bastón. Menos mal que o manto deixeino, e ben que fixen.
HERMES.- Entra, Menipo, gran home. Podes escoller o teu asento, xunto ao piloto, e na parte máis alta, para que poidas ver a todos. E aquel mozo tan fermoso de alí, quen é?
CARMÓLEO.- Ese é Carmoleo de Mégara, o irresistible, cada un dos seus bicos valía dous talentos.

HERMES.- Xa podes ir desfacéndote da túa beleza, dos teus beizos bicadores, e da túa longa cabeleira, tamén das túas fazulas ruborizadas e do resto da pel. Está ben así; xa podes entrar, agora pesas moito menos.Ti, o do manto púrpura, o diadema, e o rostro terríbel! Quen es?
LAMPICO.- Chámome Lampico, e son tirano de Gela.
HERMES.- E preséntaste aquí con toda esta pompa, Lampico?
LAMPICO.- Non sei por que razón che estrañ tanto, é que un tirano ten a obrigación de chegar espido, Hermes?
HERMES.- Un tirano, claro que non, pero ti agora es un morto, e estes si a teñen. Veña, íspete.
LAMPICO.- Mírame, xa non me queda nada.
HERMES.- Agora debes abandoar tamén a soberbia e o orgullo, Lampico. Pesan demasiado para entrar contigo na barca.
LAMPICO.- Non podería polo menos conservar o diadema e o manto?
HERMES.- De ningún xeito. Debes deixalo todo.
LAMPICO.- Farei o que me dis. Que máis? Porque todo solteino xa, como podes comprobar.
HERMES.- Desposúete tamén da crueldade, a tolemia, a insolencia e a cólera.
LAMPICO.- Ao fin, espido estou.
HERMES.- Está ben, sobe xa. E ti, groso e musculoso, cal é o teu nome?
DAMASIAS.- Damasias, o atleta.
HERMES.- Si, xa mo parecía. Recoñézote, pois víate a miúdo nas palestras.
DAMASIAS.- Así é, Hermes. Podes deixarme entrar xa, pois estou totalmente espido.
HERMES.- A min non mo parece, amigo meu, pois son moitas as carnes que che rodean. Así que, desfaite delas, ou pola contra a barca afundirase ao pór nela un só pé. E tamén tira as coroas e trofeos que vas lucindo.
DAMASIAS.- Heme totalmente espido, como podes ver peso o mesmo que calquera morto.
HERMES.- Agora xa está mellor. Podes subir. E ti, Cratón, abandoa as túas riquezas, praceres e esa boa vida que levas. Non podes subir tampouco coas pompas fúnebres nin os títulos dos teus antepasados. Esquécete da liñaxe e a gloria, e arroxa todos aqueles eloxios que recibiche dalgunhas cidades, e tamén esas inscricións das estatuas a ti dedicadas. Non debes mencionar o gran sepulcro erixido no teu nome, pois xa só o recordo de todo iso, pesa moito.
CRATON.- Aínda que me custe, fareino. Pois, que outra cousa podo facer se non?
HERMES.- Oe, ti! Onde vas tan armado? Por que levas ese trofeo?
UN XENERAL.- Tráiocho porque vencín, Hermes, e a cidade colmoume de honras pola miña sobresainte valentía na guerra.
HERMES.- Solta ese trofeo. No Hades non che fará ningunha falta, pois alí reina a paz. E ese de grave expresión, altivo xesto, de arqueadas cellas e abundante barba, que vai totalmente sumido nas súas meditaciones, cal é o seu nome?
MENIPO.- Un filósofo, aínda que de feito, podes chamalo impostor ou charlatán. Cando lle ispas, descubrirás baixo a súa capa moitos obxectos ocultos, dignos de risa.
HERMES.- Primeiro, quítate o vestido, e despois todo o demais. O Zeus! Canta vanidade traes!, canta ignorancia, vanagloria, espírito de contradición e problemas inextricables, espiñentos discursos e liosos pensamentos! E, por se non bastase, moitísimo traballo inútil, e excesiva charlatanería, frivolidade e gran cantidade de palabras sen sustancia e, por Zeus! Tamén traes cheas de ouro, sensualidade, desvergoña, ira, e voluptuosidad. Aquí nada pasa inadvertido, por moito que queiras ocultalo. Deixa tamén a túa falsidade, despois a túa presunción e superioridade. Con toda esa carga, nin unha nave de cincuenta remos soportaría o teu peso.
FILÓSOFO.- Desfareime de todo iso, se ti mo pides.
MENIPO.- Tamén debería afeitarse esa barba tan pesada e espesa, Hermes, polo menos hai cinco minas de pelos.
HERMES.- Tes razón: Quítaa tamén!
FILOSOFO.- E quen me afeitará?
HERMES.- Menipo farao coa machada que usan os construtores de naves. E utilizará a pasarela como tallo.
MENIPO.- Non, Hermes. Será máis divertido cunha serra.
HERMES.- Coa machada será suficiente ... Ben! Agora, sen esa peste a animal, pareces máis humano.
MENIPO.- Paréceche se lle retoque tamén as cellas?
HERMES.- É unha boa idea, pois as ten arqueadas no alto da fronte, dándolle un aspecto soberbio, non sei por que. Que é iso? Agora choras, canalla?, é que che asusta a morte? Embarca xa dunha vez.
MENIPO.- Con todo, aínda garda o peor debaixo do brazo.
HERMES.- A que te refires, Menipo?
MENIPO.- Á adulación, Hermes, coa que gañou todo o que ten.
FILÓSOFO.- Entón ti, Menipo, debes deixar a túa liberdade, sinceridade e despreocupación, tamén a túa alma nobre e a túa risa: pois es o único que non para de rirse.
HERMES.- Nin falar. Consérvaas. Pois todas elas son lixeiras, facilmente transportables e moi útiles para a viaxe. En canto a ti, orador, xa podes ir descargando toda esa enganosa verborrea, repleta de contradicións, comparacións, barbarismos, ademais doutras moitas pesadas cargas da linguaxe.
ORADOR.- Está ben, déixoo todo.
HERMES.- Pois agora, barqueiro, xa podes quitar as amarras, recoller a pasarela e levar a áncora; despois, desprega a vela e faite cargo do temón. Espero que teñamos unha boa viaxe. Por que vos lamentades agora, imbéciles, en especial ti, filósofo, a quen acabamos de afeitar a barba?
FILÓSOFO.- Choro, Hermes, pois cría que a alma era inmortal.
MENIPO.- Engánate; son outros motivos os que o aflixen.
HERMES.- Cales son?
MENIPO.- Que xa non poderá nunca máis gozar de magníficos banquetes, nin tampouco poderá escapar pola noite ás agachadas da xente, tapándose a cara coa capa, e así poder ir de bordel en bordel ata o día seguinte, nin os mozos serán enganados e nin lle ofrecerán xa máis cartos a cambio da súa charlatanería disfrazada de falsa sabedoría. Iso é o que máis lle doe.
HERMES.- E a ti, Menipo, non te apena estar morto?
MENIPO.- Non teño ningunha razón para estar aflixido, pois, como ben sabes adianteime á morte, sen que ninguén viñese buscarme(1). Oe, perdoa, non oes un clamor, como berros que proveñen da terra?
HERMES.- Tes razón, Menipo, e non veñen dun só lugar. Os de Gela reuníronse na asemblea e celebran gozosos a morte de Lampico, mentres as mulleres suxeitan á súa esposa, e os seus fillos, moi novos aínda, pasan polo mesmo, como presa doutros nenos, son apedreados continuamente. En Sición aplauden ao orador Diofanto, pois pronunciou un discurso fúnebre en honra a Cratón. E, por Zeus!, tamén está presente a nai de Damasias que inicia, xemindo, as lamentacións dun grupo de mulleres pola morte do seu fillo. En cambio, a ti Menipo, ninguén te chora; así os teus restos poden descansar nunha paz absoluta.
MENIPO.- Non o creas. Se escoitas con atención, oirás aos cans aullar lastimosamente e tamén o bater de ás dos corvos, cando estean reunidos no meu enterro.
HERMES.- Es único, Menipo. Ao fin chegamos á outra beira: presentádevos vós ante o tribunal, seguide recto ese camiño; o barqueiro e eu debemos ir buscar outros mortos.
MENIPO.- Boa viaxe, Hermes. Sigamos adiante. A que estades esperando? Seremos xulgados de todos os xeitos. Dise que os castigos impostos son verdadeiramente crueis: rodas, pedras, aves carroñeiras(2) . E a vida que levastes quedará evidenciada en cada un de vós.


Notas
1-Menipo suicidouse.
2-Alusión a outros castigos famosos: Prometeo, Sísifo, Ticio.

 

miércoles, 21 de octubre de 2009

Asterix cumple anos


O debuxante Albert Uderzo e a editorial Albert René publicarán mañá El libro de oro,  último álbum do  héroe galo, con motivo do seu 50 cumpleanos.
É verdade que os heroes da banda deseñada non cumpren anos porque viven no mundo da ficción pero xa vai medio século que se publicou a primeira entrega do famoso galo Astérix.
Os seus creadores  inventárono en 15 minutos en 1959  en París. Querían contar en cómic a historia francesa aprendida na escola. Plasmar en debuxos como os romanos invadiron As Galias. Téñense vendido máis de 325 millones de copias traducidas a 17 idiomas.


As aventuras de Astérix e Obélix, xunto co resto da súa aldea, proporciónannos rica información sobre a conquista das Galias, César, finais da Republica.

Agora é un bo momento para ler ou reler os álbums de Astérix aproveitando a data deste aniversario.
Podes tamén disfrutar de xogos, actividades interactivas, atopar máis información, aquí na páxina oficial.
Todos os personaxes están tamén e podes familiarizarte con eles grazas a algúns xogos. Veña, proba!!!
E se queres un fondo de pantalla para o teu computador, tamén podes atopalos nesta dirección.












martes, 20 de octubre de 2009

Ex libris

Ex libris é unha locución latina que significa de entre os libros e  que se tiñan por costume colocar ou pegar na garda do libro ou no reverso da tapa co nome do dono ou da biblioteca á que pertence. parece que a súa orixe é tan antiga coma a dos libros mesmos. Polo xeral, ao nome do propietario precedeo a expresión ex libris, aínda que existen variantes como ex bibliotheca, e-libris ou outras menos formais  como Son de, Tal tenme na súa biblioteca, etc).

Crese que o primeiro antecedente do ex libris é unha placa de barro cocido e esmaltada cuns xeroglíficos que apuntan ao faraón exipcio Amenhotep III (século XV a.C.) como e seu propietario. Suponse que foi utilizada como marca nos estuches dos volumes de papiro da súa biblioteca. Na actualidade podémola ver no  Museo Británico.

Durante a Idad Media os ex libris máis difundidos consistían en anotacións manuscritas nos códices. Os monxes cuidaban cada detalle na súa ardua, meticulosa e lenta tarefa.Tamén eran comúns as inscripcións solicitando a devolución do libro ao propietario:

Este libro pertence aos monxes do mosterio de Santo Jacopo de Ripoli en Firenze. Quen o coller, teña a bondade de devolvelo pronto e sen ningún desperfecto. Este libro é meu.

Outras, incluso, ían acompañadas dunha serie de maldicións para os amigos do alleo. Como esta atopada no templo de Daigoji (Xapón): Robar este libro pecha as portas do Ceo, e destruílo abre as do Infierno. O que tome este libro sen permiso será castigado por todoslos deuses do Xapón.


O primeiro ex libris coñecido aparece nos libros doados por Hildebrand Brandenburg de Biberach á Cartuxa de Buxheim, en Suabia, en 1470 aínda que a plancha é dez ou doce anos posterior. A imprenta vai revolucionar toda a producción de ex libris; os libros xa no eran exclusividade dos reis e do clero, e os propietarios das grandes bibliotecas desexaban deixar moi claro a quien pertencían todos eses volumes,así marcaron cada exemplar cun  ex libris. Moitos destes fixeronse a man. Durero, Lucas Cranach, Jost Ammam ou  Hans Holbein foron verdaderos artistas desta modalidade pictórica.

Os de tema heráldico foron os preferidos dos primeiros propietarios desta nova caste, pois todos procedían de  familias nobles. En Inglaterra os libros doados  en 1574 á Universidade de Cambridge por Sir Nicholas Bacon portaban o escudo do doante con unha inscripción impresa. Ata a segunda metade do XVII foi raro o uso destes adornos en Francia e Inglaterra, pois os donos dos volumes preferían estampar directamente o escudo ou o nome nas súas tapas de coiro. No XVIII comenzaron a destacar os alegóricos, con símbolos ou emblemas. Os escudos foron substituidos por figuras alusivas ao libro, á súa temática , á  profesión do seu dono ou ao seu pensamento filosófico. A época dourada destas marcas de propiedade  é no Modernismo (finais do XIX e comezos do XX), co auxe da bibliofilia e o coleccionismo.
Famosos son os ex libris  da  biblioteca de Urbano VIII, preciosos en canto a súa presentación.

A xilografía, calcografía,  litografía, serigrafía  todas foron técnicas empregadas para acadar os impresionantes resultados que podemos observar hoxe en día.

En España, o primeiro que realizou interesantes estudos sobre o tema foi Mariano Pardo de Figueroa (O Doutor Thebussem)  e espertou a curiosidade de artistas como Alexandre de Riquer, Josep Triadó, Joaquim Renart, Palencia ou  Corvert, que levaron a cabo verdadeiras obras de arte. Triadó mostrou parte dos seus na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid, 1901. Grazas á Biblioteca Virtual Cervantes pódense percorrer os números dunha publicación  Revista ibérica de ex libris que se publicou entre os anos 1903 e 1906.
Sobre ex libris cervantinos podes atopar aquí todo.





Despois desta panorámica sobre a historia destas marcas de identidade dos libros e os seus propietarios, propóñovos que busquedes algúns de tema clásico (motivos mitolóxicos, lendas en latín,...) e que pergeñemos unha exposición para rematar o curso. Que vos parece? Podedes deixalos na Wiki.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Tecnoloxía ou metodoloxía


Ola a todos.
Neste comezo de curso, ao tempo que rematamos de elaborar as programacións con un sin fin de bós propósitos, tamén reflexionamos sobre esta nova tendencia a introducir as novas tecnoloxías en todas as áreas educativas pero cábenos unha duda: todos os que utilizan xa os recursos tecnolóxicos adaptan a súa metodoloxía aos novos tempos. Non o sei...
Ler e escribir son construcións sociais e en cada época tiveron as súas significacións particulares.

Hoxe sabemos que o mundo laboral está altamente informatizado, que os requisitos sociais e laborais son moi exixentes. As novas tecnoloxías requiren novas capacidades no uso da lingua escrita. Novas formas de escritura están xurdindo a raíz de medios como Internet, mail, páxinas web, hipertextos, etc.


La escritura fija la lengua, la controla de tal manera que las palabras no se dispersen, no se desvanezcan ni se sustituyan unas a otras”  di Emilia Ferrreiro en  1996.


Todas as escrituras recrean a lingua e hoxe en un novo escenario xurden novas formas de apropiarse da escrita. Un mundo complexo no que se construen  formas de dicir, escribir e ler.
A escrita actual sen dúbida vai camiño a unha escrita coas dúas mans no teclado e caracteres separados. Todo fai pensar que estamos fronte a diferentes estéticas textuais, fragmentadas.


La página medieval permitió una relación única y singular entre el lector y el texto. La página de la computadora rompe la intimidad con el texto. La página iluminada y en posición vertical transforma la lectura en computadora en una lectura pública” (Ferreiro, 2001)


Este camiño esixe un cambio de cultura, de hábitos de traballo cotidiano, de proxectos educativos. Para crear hábitos  necesítase tempo. A constitución destes hábitos dixitais están instalándose a partir doutros desenvolvementos mentais. Os rapaces serán os máis adecuados para liderar estes pasos. Os adultos teremos que realizar esforzos para adaptarnos ao mundo dixital. Neste camiño andamos e témonos proposto continúar. Pois o máis importante na alfabetización dixital é a nosa preparación intelectual para servirnos das novas tecnoloxías.



Esta nova era precisa mentes disciplinadas que discriminen o importante do que non o é perante tanta información; asemade, deben sintetizar os coñecementos dispersos na rede.

Howard Gardner en  “Cinco mentalidades para el futuro” ademais disto formula a necesidade doutras tres que son mentalidad creativa, mentalidad respetuosa y mentalidad ética. É dicir,  disciplina, capacidade de síntesis, creatividade, respeto e ética. Estas  son as habilidades e predisposicións que deberiamos desenvolver.

As familias e os centros educativos debemos xogar aquí un importante papel.
Sirva a reflexión para comezar con bó humor.








Dei audaces iuvant

miércoles, 3 de junio de 2009

Latín na ESO

Sei que sempre ando con algo de retraso nas noticias, non hai quen free o tempo e este bule sen parar, pero agora síntome na necesidade de resolvelo e quero traervos aquí unha iniciativa que quero secundar e que acabo de coñecer grazas ao blog de Magdalena ( preciosa e seguro que sentida homenaxe ás túas alumnas de segundo de BAC).
Ben, trátase dunha reflexión de Carlos Cabanillas, un dos nosos preciados centauros, que agora xa comparten centos de profes, alumnos, xente que concorda nesta boa argumentación de implementar os estudios na ESO co latín para mellor acadar algunhas competencias, coma a lingüística.
Anímovos a visitar esta dirección e a sumarvos a esta interesante proposta.
Con permiso de Carlos, reproduzo un video que el tamén ten nesta páxina e que me parece moi interesante achegalo a todos vós.


O peor de todo, a presentadora. Que deixe falar e que atenda, por favor!

miércoles, 13 de mayo de 2009

Amsterdam, vestixios clásicos

Chegamos a Ámsterdam o día seguinte ao Día da Raiña, o Koninginnedag. Cada 30 de abril os holandeses de todo o país visten de laranxa, engalanan as súas rúas e negocios e sacan á venda todo o que eles xa non queren ou necesitan, convertindo a cidade en un mercadiño xigantesco.

Paseando polas súas rúas, todas cheas dos restos desta gran festa, ninguén pensaría que algunha vez tivera estado limpa. Pero eles estaban moi ledos e ata parecía non molestalos a cantidade de lixo co que tropezabamos e que era imposible evitar pois estaba alí,en calquera parte que miraras.

Mailo aspecto cambiou aos poucos días e despois de quedarmos fascinadas polo ritmo vertixinoso que marcan as múltiples bicicletas, maravilláronnos as pontes por onde atravesar os tamén múltiples canais que percorren o casco vello da cidade e as casiñas holandesas ergueitas, verticais, peculiares.

En este escenario dimos con elementos que nos recordaron a cultura clásica, impensable, a priori, nunha cidade fundada alá polo século XIII. Por suposto tamén atopamos elementos que nos recordaron á aldea global na que nos estamos a converter.

lunes, 20 de abril de 2009

Recomendacións

Acabo de atoparme con dúas obras que quero recomendarvos aquí. Algún dirá, e non exento de razón, que vou atrasada xa que unha delas é do 2003 e outra do 2005, pero para min son novas. Que lle imos facer?

Materiales y tecnología en la antigua Grecia de Francisco Vinagre Arias da editorial Filarias, ven a contribuír ao mellor coñecemento da industría , a agricultura, a cultura do ocio... mediante os materiais empregados e os recursos tecnolóxicos que coñecían os antiguos fenicios, cretenses, micénicos e incluso fai un repaso por celtas, exipcios e chinos.
A presentación do libro comeza así, mirade que interesante:"La existencia y el desarrollo de la vida de las personas es el resultado de la confluencia de dos factores muy importantes: el azar y la necesidad. Desde sus más remotos comienzos el ser humano puso de manifiesto su creatividad empleando la inteligencia para mejorar las condiciones de vida, para defenderse y sobrevivir en un mundo que cada día le ponía a prueba. Por tanto, la necesidad obligaba a los pueblos de la Antigüedad a adquirir conocimientos, y a veces, les impulsaba a explorar tierras desconocidas y lejanas a su lugar de origen. Precisamente, los protagonistas principales de este libro, los antiguos griegos, además de grandes pensadores, también fueron excelentes navegantes, guerreros, comerciantes y colonizadores de los más diversos territorios".

Mirade o que pon sobre o betún, por poñer un exemplo:" Son mezclas de hidrocarburos con productos originados por alteración de hidrocarburos preexistentes. El más antiguo conocido como el betún de Judea, al que también se le llama asfalto, que se empleó en la Antigüedad como materia impútrida e impermeabilizante. Son masas pardo negruzcas y blandas. Flotaba en fragmentos en el Mar Muerto y se pescaba con redes..."
Moi interesante, non si? E ademais cunha prosa clara, amena e cientificamente precisa trátanse temas como menciñas, a construcción de barcos, o traballo dos metais preciosos...


Cuestiones curiosas sobre Grecia y Roma en la Antigüedad de Genaro González Carballo, é o segundo libro aporta unha información rigurosoa e clara sobre interrogantes históricos que están presentes na memoria colectiva común a todos.
Deste quero reproducir o que nos conta dos fenicios pero podería escoller calquera outra parte relacionada con os tesouros que albergaba a Biblioteca de Alexandría, como e porque se produxo a decadencia de Roma, para que servían os oráculos, etc
"Los fenicios eran semitas, descendientes de aquellos pobladores nómadas que-procedentes del interior del continente asiático- a partir del V milenio a. c. se fueron asentando en el Próximo Oriente y en algunas zonas del nordeste de África. El término "fenicio" proviene de la palabra griega,

Φονικες

,que significa "rojo", color que tiene uno de los productos que -como veremos más adelante- más beneficios reportó a este pueblo, la púrpura.

Ben, xuzgade vós mesmos.

Related Posts with Thumbnails