miércoles, 21 de octubre de 2009

Asterix cumple anos


O debuxante Albert Uderzo e a editorial Albert René publicarán mañá El libro de oro,  último álbum do  héroe galo, con motivo do seu 50 cumpleanos.
É verdade que os heroes da banda deseñada non cumpren anos porque viven no mundo da ficción pero xa vai medio século que se publicou a primeira entrega do famoso galo Astérix.
Os seus creadores  inventárono en 15 minutos en 1959  en París. Querían contar en cómic a historia francesa aprendida na escola. Plasmar en debuxos como os romanos invadiron As Galias. Téñense vendido máis de 325 millones de copias traducidas a 17 idiomas.


As aventuras de Astérix e Obélix, xunto co resto da súa aldea, proporciónannos rica información sobre a conquista das Galias, César, finais da Republica.

Agora é un bo momento para ler ou reler os álbums de Astérix aproveitando a data deste aniversario.
Podes tamén disfrutar de xogos, actividades interactivas, atopar máis información, aquí na páxina oficial.
Todos os personaxes están tamén e podes familiarizarte con eles grazas a algúns xogos. Veña, proba!!!
E se queres un fondo de pantalla para o teu computador, tamén podes atopalos nesta dirección.












martes, 20 de octubre de 2009

Ex libris

Ex libris é unha locución latina que significa de entre os libros e  que se tiñan por costume colocar ou pegar na garda do libro ou no reverso da tapa co nome do dono ou da biblioteca á que pertence. parece que a súa orixe é tan antiga coma a dos libros mesmos. Polo xeral, ao nome do propietario precedeo a expresión ex libris, aínda que existen variantes como ex bibliotheca, e-libris ou outras menos formais  como Son de, Tal tenme na súa biblioteca, etc).

Crese que o primeiro antecedente do ex libris é unha placa de barro cocido e esmaltada cuns xeroglíficos que apuntan ao faraón exipcio Amenhotep III (século XV a.C.) como e seu propietario. Suponse que foi utilizada como marca nos estuches dos volumes de papiro da súa biblioteca. Na actualidade podémola ver no  Museo Británico.

Durante a Idad Media os ex libris máis difundidos consistían en anotacións manuscritas nos códices. Os monxes cuidaban cada detalle na súa ardua, meticulosa e lenta tarefa.Tamén eran comúns as inscripcións solicitando a devolución do libro ao propietario:

Este libro pertence aos monxes do mosterio de Santo Jacopo de Ripoli en Firenze. Quen o coller, teña a bondade de devolvelo pronto e sen ningún desperfecto. Este libro é meu.

Outras, incluso, ían acompañadas dunha serie de maldicións para os amigos do alleo. Como esta atopada no templo de Daigoji (Xapón): Robar este libro pecha as portas do Ceo, e destruílo abre as do Infierno. O que tome este libro sen permiso será castigado por todoslos deuses do Xapón.


O primeiro ex libris coñecido aparece nos libros doados por Hildebrand Brandenburg de Biberach á Cartuxa de Buxheim, en Suabia, en 1470 aínda que a plancha é dez ou doce anos posterior. A imprenta vai revolucionar toda a producción de ex libris; os libros xa no eran exclusividade dos reis e do clero, e os propietarios das grandes bibliotecas desexaban deixar moi claro a quien pertencían todos eses volumes,así marcaron cada exemplar cun  ex libris. Moitos destes fixeronse a man. Durero, Lucas Cranach, Jost Ammam ou  Hans Holbein foron verdaderos artistas desta modalidade pictórica.

Os de tema heráldico foron os preferidos dos primeiros propietarios desta nova caste, pois todos procedían de  familias nobles. En Inglaterra os libros doados  en 1574 á Universidade de Cambridge por Sir Nicholas Bacon portaban o escudo do doante con unha inscripción impresa. Ata a segunda metade do XVII foi raro o uso destes adornos en Francia e Inglaterra, pois os donos dos volumes preferían estampar directamente o escudo ou o nome nas súas tapas de coiro. No XVIII comenzaron a destacar os alegóricos, con símbolos ou emblemas. Os escudos foron substituidos por figuras alusivas ao libro, á súa temática , á  profesión do seu dono ou ao seu pensamento filosófico. A época dourada destas marcas de propiedade  é no Modernismo (finais do XIX e comezos do XX), co auxe da bibliofilia e o coleccionismo.
Famosos son os ex libris  da  biblioteca de Urbano VIII, preciosos en canto a súa presentación.

A xilografía, calcografía,  litografía, serigrafía  todas foron técnicas empregadas para acadar os impresionantes resultados que podemos observar hoxe en día.

En España, o primeiro que realizou interesantes estudos sobre o tema foi Mariano Pardo de Figueroa (O Doutor Thebussem)  e espertou a curiosidade de artistas como Alexandre de Riquer, Josep Triadó, Joaquim Renart, Palencia ou  Corvert, que levaron a cabo verdadeiras obras de arte. Triadó mostrou parte dos seus na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid, 1901. Grazas á Biblioteca Virtual Cervantes pódense percorrer os números dunha publicación  Revista ibérica de ex libris que se publicou entre os anos 1903 e 1906.
Sobre ex libris cervantinos podes atopar aquí todo.





Despois desta panorámica sobre a historia destas marcas de identidade dos libros e os seus propietarios, propóñovos que busquedes algúns de tema clásico (motivos mitolóxicos, lendas en latín,...) e que pergeñemos unha exposición para rematar o curso. Que vos parece? Podedes deixalos na Wiki.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Tecnoloxía ou metodoloxía


Ola a todos.
Neste comezo de curso, ao tempo que rematamos de elaborar as programacións con un sin fin de bós propósitos, tamén reflexionamos sobre esta nova tendencia a introducir as novas tecnoloxías en todas as áreas educativas pero cábenos unha duda: todos os que utilizan xa os recursos tecnolóxicos adaptan a súa metodoloxía aos novos tempos. Non o sei...
Ler e escribir son construcións sociais e en cada época tiveron as súas significacións particulares.

Hoxe sabemos que o mundo laboral está altamente informatizado, que os requisitos sociais e laborais son moi exixentes. As novas tecnoloxías requiren novas capacidades no uso da lingua escrita. Novas formas de escritura están xurdindo a raíz de medios como Internet, mail, páxinas web, hipertextos, etc.


La escritura fija la lengua, la controla de tal manera que las palabras no se dispersen, no se desvanezcan ni se sustituyan unas a otras”  di Emilia Ferrreiro en  1996.


Todas as escrituras recrean a lingua e hoxe en un novo escenario xurden novas formas de apropiarse da escrita. Un mundo complexo no que se construen  formas de dicir, escribir e ler.
A escrita actual sen dúbida vai camiño a unha escrita coas dúas mans no teclado e caracteres separados. Todo fai pensar que estamos fronte a diferentes estéticas textuais, fragmentadas.


La página medieval permitió una relación única y singular entre el lector y el texto. La página de la computadora rompe la intimidad con el texto. La página iluminada y en posición vertical transforma la lectura en computadora en una lectura pública” (Ferreiro, 2001)


Este camiño esixe un cambio de cultura, de hábitos de traballo cotidiano, de proxectos educativos. Para crear hábitos  necesítase tempo. A constitución destes hábitos dixitais están instalándose a partir doutros desenvolvementos mentais. Os rapaces serán os máis adecuados para liderar estes pasos. Os adultos teremos que realizar esforzos para adaptarnos ao mundo dixital. Neste camiño andamos e témonos proposto continúar. Pois o máis importante na alfabetización dixital é a nosa preparación intelectual para servirnos das novas tecnoloxías.



Esta nova era precisa mentes disciplinadas que discriminen o importante do que non o é perante tanta información; asemade, deben sintetizar os coñecementos dispersos na rede.

Howard Gardner en  “Cinco mentalidades para el futuro” ademais disto formula a necesidade doutras tres que son mentalidad creativa, mentalidad respetuosa y mentalidad ética. É dicir,  disciplina, capacidade de síntesis, creatividade, respeto e ética. Estas  son as habilidades e predisposicións que deberiamos desenvolver.

As familias e os centros educativos debemos xogar aquí un importante papel.
Sirva a reflexión para comezar con bó humor.








Dei audaces iuvant

miércoles, 3 de junio de 2009

Latín na ESO

Sei que sempre ando con algo de retraso nas noticias, non hai quen free o tempo e este bule sen parar, pero agora síntome na necesidade de resolvelo e quero traervos aquí unha iniciativa que quero secundar e que acabo de coñecer grazas ao blog de Magdalena ( preciosa e seguro que sentida homenaxe ás túas alumnas de segundo de BAC).
Ben, trátase dunha reflexión de Carlos Cabanillas, un dos nosos preciados centauros, que agora xa comparten centos de profes, alumnos, xente que concorda nesta boa argumentación de implementar os estudios na ESO co latín para mellor acadar algunhas competencias, coma a lingüística.
Anímovos a visitar esta dirección e a sumarvos a esta interesante proposta.
Con permiso de Carlos, reproduzo un video que el tamén ten nesta páxina e que me parece moi interesante achegalo a todos vós.


O peor de todo, a presentadora. Que deixe falar e que atenda, por favor!

miércoles, 13 de mayo de 2009

Amsterdam, vestixios clásicos

Chegamos a Ámsterdam o día seguinte ao Día da Raiña, o Koninginnedag. Cada 30 de abril os holandeses de todo o país visten de laranxa, engalanan as súas rúas e negocios e sacan á venda todo o que eles xa non queren ou necesitan, convertindo a cidade en un mercadiño xigantesco.

Paseando polas súas rúas, todas cheas dos restos desta gran festa, ninguén pensaría que algunha vez tivera estado limpa. Pero eles estaban moi ledos e ata parecía non molestalos a cantidade de lixo co que tropezabamos e que era imposible evitar pois estaba alí,en calquera parte que miraras.

Mailo aspecto cambiou aos poucos días e despois de quedarmos fascinadas polo ritmo vertixinoso que marcan as múltiples bicicletas, maravilláronnos as pontes por onde atravesar os tamén múltiples canais que percorren o casco vello da cidade e as casiñas holandesas ergueitas, verticais, peculiares.

En este escenario dimos con elementos que nos recordaron a cultura clásica, impensable, a priori, nunha cidade fundada alá polo século XIII. Por suposto tamén atopamos elementos que nos recordaron á aldea global na que nos estamos a converter.

lunes, 20 de abril de 2009

Recomendacións

Acabo de atoparme con dúas obras que quero recomendarvos aquí. Algún dirá, e non exento de razón, que vou atrasada xa que unha delas é do 2003 e outra do 2005, pero para min son novas. Que lle imos facer?

Materiales y tecnología en la antigua Grecia de Francisco Vinagre Arias da editorial Filarias, ven a contribuír ao mellor coñecemento da industría , a agricultura, a cultura do ocio... mediante os materiais empregados e os recursos tecnolóxicos que coñecían os antiguos fenicios, cretenses, micénicos e incluso fai un repaso por celtas, exipcios e chinos.
A presentación do libro comeza así, mirade que interesante:"La existencia y el desarrollo de la vida de las personas es el resultado de la confluencia de dos factores muy importantes: el azar y la necesidad. Desde sus más remotos comienzos el ser humano puso de manifiesto su creatividad empleando la inteligencia para mejorar las condiciones de vida, para defenderse y sobrevivir en un mundo que cada día le ponía a prueba. Por tanto, la necesidad obligaba a los pueblos de la Antigüedad a adquirir conocimientos, y a veces, les impulsaba a explorar tierras desconocidas y lejanas a su lugar de origen. Precisamente, los protagonistas principales de este libro, los antiguos griegos, además de grandes pensadores, también fueron excelentes navegantes, guerreros, comerciantes y colonizadores de los más diversos territorios".

Mirade o que pon sobre o betún, por poñer un exemplo:" Son mezclas de hidrocarburos con productos originados por alteración de hidrocarburos preexistentes. El más antiguo conocido como el betún de Judea, al que también se le llama asfalto, que se empleó en la Antigüedad como materia impútrida e impermeabilizante. Son masas pardo negruzcas y blandas. Flotaba en fragmentos en el Mar Muerto y se pescaba con redes..."
Moi interesante, non si? E ademais cunha prosa clara, amena e cientificamente precisa trátanse temas como menciñas, a construcción de barcos, o traballo dos metais preciosos...


Cuestiones curiosas sobre Grecia y Roma en la Antigüedad de Genaro González Carballo, é o segundo libro aporta unha información rigurosoa e clara sobre interrogantes históricos que están presentes na memoria colectiva común a todos.
Deste quero reproducir o que nos conta dos fenicios pero podería escoller calquera outra parte relacionada con os tesouros que albergaba a Biblioteca de Alexandría, como e porque se produxo a decadencia de Roma, para que servían os oráculos, etc
"Los fenicios eran semitas, descendientes de aquellos pobladores nómadas que-procedentes del interior del continente asiático- a partir del V milenio a. c. se fueron asentando en el Próximo Oriente y en algunas zonas del nordeste de África. El término "fenicio" proviene de la palabra griega,

Φονικες

,que significa "rojo", color que tiene uno de los productos que -como veremos más adelante- más beneficios reportó a este pueblo, la púrpura.

Ben, xuzgade vós mesmos.

domingo, 29 de marzo de 2009

A actualidade fala grego

A sección galega da SEEC, organizou por primeira vez unha actividade tremendamente útil e enriquecedora na que tivemos a sorte de participar, unha viaxe cultural á Grecia clásica con outros cinco centros de Galiza: Zalaeta (A Coruña), Saturnino Montojo de Ferrol, Pedregal de Irimia de Meira, Agra de Leborís de A Laracha, CPI Xosé Pichel de Coristanco.

As miñas alumnas comentaron que fora a súa viaxe máis enriquecedora realizada ata agora. Todo estivo perfecto, a excepción de Iberia. Para regresar, saímos de Atenas, rumbo a Madrid, con retraso e ao chegar tivemos que andar listos para enlazar o vó da Coruña. A nosa compañía aérea non estivo tan lista para cambiar as nosas maletas e ao chegar a Alvedro, non había nin unha sóa. Trinta e oito maletas desaparecidas!!!... que recuperamos ao día seguinte.

Nós destacariamos desta experiencia pioneira en Galiza o comportamento do alumnado que recibiu os parabéns da representante da axencia coa que viaxamos; a sorte de ter un guía por todo o Peloponeso, Elefteris, un filósofo grego actual, enciclopédico, culto e humano que nos amosou unha perspectiva moi enriquecedora da Grecia clásica e tamén a perfecta organización do representante da SEEC, Ricardo Martín.

Así trancorreu a nosa semana:

  • Sábado 14: saída de Alvedro ás sete da mañá para chegar a Atenas ás 16,30 hora local. Unha vez instalados no hotel Stanley, percorremos os lugares máis emblemáticos da Atenas actual, especialmente Plaka e Ágora romana


  • Domingo 15: Pola mañá visita ao Museo Arqueolóxico Nacional; pola tarde fíxose unha visita turística ao monte Licabitos.







  • Luns 16: pola mañá vimos a Acrópole e a Ágora grega, Areópago onde limos o texto de San Xoan; pola tarde Cabo Sunion para ver o Templo de Poseidón e visita a Perdix.



  • Martes 17: Saída para o Peloponeso; despois de ver a Canle de Corinto, visitouse Nemea, estadio, museo e recinto. Primeira carreira olímpica dos membros do grupo.
A continuación dirixímonos a Micenas onde visitamos a tumba de Atreo, visita da cidadela, acompañada pola lectura de textos clásicos de Esquilo e Sófocles que voluntariamente os alumnos leron e finalmente museo de Micenas. Pola tarde a chuvia impediu unha vista turística por Nauplia. Durmimos en Tolos (antigua Asini).



  • Mércores 18: iniciamos a ruta visitando Epidauro, onde nos choveu. Entendimos o porque dun teatro monumental nun santuario e lugar de sanación. No museo vimos o capitel corintio máis antigo conservado; a continuación a fortaleza veneciana de Nauplio e pola tarde antes de partir para Olimpia, onde pasamos a noite, ruinas de Tirinto e Megalópolis ( patria de Polibio).



  • Xoves 19: Visitamos o museo, santuario e estadio (segunda carreira olímpica) en Olimpia; comida e celebración do cumple de María. Pola tarde Naupacto ( antiga Lepanto, onde Cervantes perdera o brazo) e seguimos camiño cara a Delfos, cruzando pola ponte nova construída por Calatrava, con motivo dos Xogos Olímpicos.
  • Venres 20: En Delfos visitamos o museo, santuario, teatro. Ao estadio non entramos porque estaba pechado por derrubamento de pedras. Fonte Castalia e Tholós. Saída para Atenas a onde chegamos a media tarde. Moito frío, sobre as 22 horas había tan só catro graos.





  • Sábado 21: Visitamos o museo etnográfico Benaki aínda que a maioría das alumnas preferiron dedicar a súa única mañá libre para compras en Plaka. Asistimos ao cambio de garda no Parlamento en Plaza Sintagma e incluso tivemos tempo de solidarizarnos co pobo palestino.

















Máis información, sobre todo gráfica, aquí abaixo.
Chicas! preparádevos para esa xuntanza que tiñamos pensado, ou non?





Viaxe a grecia [Autoguardado]

martes, 24 de marzo de 2009

Limonada


Acabo de recibir un refrescante agasallo nestes inesperados días de calor.
Aspasia convídame a participar dunha curiosa iniciativa que creo vai moi acorde co espíritu da web 2.0 que tamén nos transmitiron os nosos centauros. Non quero rexeitar este estupendo regalo que paso a compartir pois parece que as normas son:

  1. Pór o logo no post ou no blog.
  2. Nomear polo menos a outros 5 blogs que mostren gran Actitude e/ou Gratitude
  3. Asegurarse de enlazar ben aos nomeados no post.
  4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blog.
  5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.
Os meus blogs recomendados son:
  • O blog dunha biblioteca escolar que con moito entusiasmo está tratando de convertir un vello almacén de libros nunha dinámica biblioteca: Felices lecturas.
  • A páxina de Amigus creada por un grupo de xoves para ternos informados aos ponteses de todo o que acontece na nosa pequena vila.
  • Esta dirección vai cargada de ferramentas educaticas útiles para todos os docentes.
  • José Antonio Millán, ten analizado como ninguén as consecuencias que o dixital exerce sobre a palabra escrita e o formato literario.
  • Quero poñer de manifesto tamén o meu agradecemento aos blogs de Chiron e todas as súas iniciativas que non fan máis que abrir camiño a todos os de clásicas que imos detrás.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Lugo


Hoxe, como vos anticipei en outro post anterior, visitamos Lugo.
Tivemos a sorte de poder entrar no enigmático lugar de Santa Baía de Bóveda e despois de percorrer parte das murallas.
Este ano, non así os anteriores, foinos imposible entrar ao Museo Provincial, museo arqueolóxico de Lugo, porque eramos demasiados os que pretendíamos esta mesma actividade. Non importa. O curso que ven tentaremos de lle por solución a este atranco.
É verdade que disfrutamos como ananos no teatro tanto pola mañá ás 12 con As Nubes de Aristófanes e as 5 da tarde co Miles Gloriosus de Plauto. Dámoslle as grazas ao grupo Prósopon do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, que salvo pola idade dalgúns actores, non poderiamos dicir que sexan escolares metidos a actores, senón que parecían profesionais.

domingo, 8 de marzo de 2009

Día Internacional da muller, 8 de marzo

Todos nós – homes e mulleres, soldados e axentes de mantemento da paz, ciudadanos e líderes – temos a responsabilidade de contribuír a eliminar a violencia contra a muller. Os Estados deben cumplir coas súas obligacións de previr a violencia, enxuiciar aos perpetradores e proporcionar reparacións ás víctimas. E cada quen de nós debe falar claramente na familia, no lugar de traballo e na comunidade, de modo que cesen os actos de violencia contra a muller.
Ban Ki-moon, Secretario Xeneral das Nacións Unidas


As cousas non cambiaron moito dende a Antigüidade. En Roma a muller era unha menor sempre supeditada á autoridade dun varón, primeiro o pai, logo o marido e finalmente ata un fillo. Casaba moi nova e case sempre o matrimonio fora concertado polo pai. É verdade que a muller casada (matrona) dirixe a casa e non vive recluída no xineceo ( como a grega), sae de casa pero acompañada e participa, sentada, nas comidas de homes, non pode beber viño puro senón rebaixado con mel ( mulsum). Asistía tamén aos espectáculos e, en ocasións, houbo mulleres loitadoras profesionais, puxilistas, corredoras etc.
Pero tiña vedado o campo xurídico e tamén ser banqueira, recordemos que era considerada sempre unha menor. Na vida relixiosa só tiña acceso ao cargo de vestal, sacerdotisa de Vesta e durante trinta anos mínimo debía permanecer virxe senón era enterrada viva. Por último, no terreo político a muller no tivo ningunha clase de dereitos.
Os autores clásicos sempre recurren a un mismo argumento: infirmitas feminarum, é dicir, a debilidade das mulleres. Sonache?

Le a historia dalgunhas mulleres que relatamos aquí:

Boudica( Boadicea): Esta muller que morreu no ano 60 d. C., foi raiña dunha tribu na Roma británica, os icenios. Púxose ao frente dunha rebelión contra o poder de Roma. Os rebeldes arrasaron a zona este de Inglaterra, e, segundo Tácito, mataron a 70.000 homes, entre romanos e adeptos. O gobernador romano Suetonio Paulino esmagou finalmente a revolta e pénsase que ela suicidouse.

Cleopatra ( 69-30 a.C.): Convertiuse en raiña de Exipto no ano 51 a. C. Descendía de gregos, aínda que falaba coma os exipcios e considerábase filla de Ra, deus exipcio do Sol. Dín que non tiña moita beleza pero si moito encanto que sabía utilizar para seducir aos homes, entre eles Xulio César e Marco Antonio. Servíase desas armas para conquerir máis poder do que xa tiña. Cando Octavio Augusto derrotou a Marco Antonio na batalla de Accio, os dous suicidáronse.



Zenobia: Raiña da colonia de Palmira (Siria), nunca se contentou con gobernar baixo a autoridade romana. No ano 269 lanzouse á conquista de Exipto e o ano seguinte á da maior parte de Asia Menor, buscando independencia de Roma. No ano 272, Aureliano derrotouna e levouna a Roma coma un trofeo. Ela acabou por casar cun senador e retirarse.




Estas eran algunhas pero aínda nos quedan outras que van na presentación.

Seguro
que ti podes engadir máis.


Related Posts with Thumbnails