
Paseando polas súas rúas, todas cheas dos restos desta gran festa, ninguén pensaría que algunha vez tivera estado limpa. Pero eles estaban moi ledos e ata parecía non molestalos a cantidade de lixo co que tropezabamos e que era imposible evitar pois estaba alí,en calquera parte que miraras.
Mailo aspecto cambiou aos poucos días e despois de quedarmos fascinadas polo ritmo vertixinoso que marcan as múltiples bicicletas, maravilláronnos as pontes por onde atravesar os tamén múltiples canais que percorren o casco vello da cidade e as casiñas holandesas ergueitas, verticais, peculiares.
En este escenario dimos con elementos que nos recordaron a cultura clásica, impensable, a priori, nunha cidade fundada alá polo século XIII. Por suposto tamén atopamos elementos que nos recordaron á aldea global na que nos estamos a converter.