sábado, 18 de diciembre de 2010

Tales de Mileto

Eu pídome a Tales de Mileto

viernes, 3 de diciembre de 2010

Os sete sabios de 1º

Di Carlos García Gual nunha publicación de Alianza editorial que os Sete Sabios da Grecia arcaica, Tales de Mileto, Solón de Atenas, Bías de Priene, Quilón de Esparta, Pítaco de Mitilene, Cleóbulo de Lindos e Periandro de Corinto,  desempeñaron un papel memorable durante a época de consolidación das cidades helénicas e das súa instituciones a comezos do século VI a. C. Levados dunha proverbial sensatez e dunha aguda intelixencia ao servizo da comunidade de cidadáns. Eses persoeiros históricos constitúen o paradigma dun saber que mereceu o aplauso do oráculo de Delfos e que acadou unha popularidade secular. En conxunto representan que a humildade e a mai da sabiduría.
  Igual que García Gual recolle as anécdotas e as sentencias que lles foran atribuídas, glosando as súas máximas e rastreando o sentido da súa actuación exemplar no seu contexto social reflexionando sobre o sentido histórico da súa sabiduría e analizando as diferencias entre as súas personalidades, tamén neste blog quero recoller o mesmo de vós os sete. Aquí vos deixo os pseudónimos que pedíades. XA PODEDES EMPEZAR A PUBLICAR!!!

jueves, 2 de diciembre de 2010

Teño unha dúbida

Lendo algunhas cousas que se escriben por aí, atopeime con este video que non sei moi ben como valorar. De feito, fun buscar o enlace para insertalo neste blog para que fixerades os comentarios que vos suscite. Pero crendo que era un caso aillado, sen querer atopeime con casos similares. Mira este



Queres saber algo de Caio Xulio César, pois mira isto que nos propoñen a golpe de "Bésame mucho"



E, que che parece se agora aprendemos algo da Civilización Minoica?


O caso é que estes videos están elaborados por un grupo chamado historyteachers e hai ata 48 relativos a persoeiros ou momentos da historia.
Quédome ao final con este e explico a razón.






Hai unha novela de Murakami que me encanta, que se titula Tokio Blues, que vos recomendo. Como subtítulo leva o desta canción dos Beatles, Norwegian Wood.
ANÍMOVOS A BUSCAR O VOSO, namentras dádeme argumentos a favor e encontra desta maneira de conxugar a música e a historia.

domingo, 14 de noviembre de 2010

lunes, 5 de abril de 2010

Piratas

Kenia non xulgará máis piratas somalís nin aceptará a súa entrega
Kenia non xulgará máis piratas somalíes entregados por armadas estranxeiras, ó non recibir as axudas prometidas pola comunidade internacional por realizar este labor. O ministro de Asuntos Exteriores keniano, Moses Wetangula, díxolles ós xornalistas que a comunidade internacional non cumpriu a súa promesa de axudar a Kenia pola "carga de procesar e encarcelar os piratas", segundo sinala o diario Daily Nation, de Nairobi. Wetangula tamén indicou que Nairobi estuda dar por concluído o acordo coa Unión Europea (UE) para recoller os piratas capturados polos seus barcos e xulgalos. "Desde hai dúas semanas negámonos a aceptar os piratas capturados por algúns dos nosos países amigos e dixémoslles que o intenten noutra parte", dixo o ministro keniano Wetangula.
Galicia Hoxe, 4-4-10



Onte lía esta nova na prensa.Os piratas están de moda.
Plutarco cóntanos en Vidas Paralelas como no  século I o Mediterráneo andaba infestado de piratas que coma estes non levaban parches nos ollos nin un muñón protexido por un garfo. Todos os romanos andaban en perigro, as mercadurías e as naves eran a cotío incendiadas. Neste contexto foron quen de capturar a un xove de boa posición chamado Caius Iulius Caesar, que navegaba entre Bitinia e Roma.

Na tradución de Antonio Ranz Romanillos [1759-1830], Caio Julio César, finais do I, podemos ler:
"...y bajando en seguida al mar, se dirigió á la Bitinia cerca del rey Nicomedes, á cuyo lado se mantuvo largo tiempo; y cuando regresaba fué apresado junto á la isla Farmacusa por los piratas, que ya entónces infestaban el mar con grandes escuadras é inmenso número de buques."

En II "Lo primero que en este incidente hubo de notable fué que pidiéndole los piratas veinte talentos por su rescate, se echó á reir, como que no sabian quién era el cautivo, y voluntariamente se obligó á darles cincuenta. Despues, habiendo enviado á todos los demas de su comitiva, unos á una parte y otros á otra, para recoger el dinero, llegó á quedarse entre unos pérfidos piratas de Cilicia con un solo amigo y dos criados; y sin embargo, los trataba con tal desden, que cuando se iba á recoger les mandaba á decir que no hicieran ruido. Treinta y ocho dias fueron los que estuvo más bien guardado que preso por ellos; en los cuales se entretuvo y ejercitó con la mayor serenidad; y dedicado á componer algunos discursos, teníalos por oyentes, tratándolos de ignorantes y bárbaros cuando no aplaudian; y muchas veces les amenazó entre burlas y véras con que los habia de colgar, de lo que se reian, teniendo á sencillez y muchachada aquella franqueza. Luego que de Mileto le trajeron el rescate, y por su entrega fué puesto en libertad, equipó al punto algunas embarcaciones en el puerto de los Milesios, y se dirigió contra los piratas; á los que sorprendió anclados todavía en la isla, y se apoderó de la mayor parte de ellos. El dinero que les aprendió lo declaró legítima presa; y poniendo las personas en prision en Pergamo, se fué en busca de Junio, que era quien mandaba en el Asia, porque á éste le competía castigar á los apresados; pero como Junio pusiese la vista en el caudal, que no era poco, y respecto de los cautivos le dijese que ya veria cuando estuviese de vagar; no haciendo cuenta de él, se restituyó á Pergamo, y reuniendo en un punto todos aquellos bandidos, los puso en un palo, como muchas veces en chanza se lo habia prometido en la isla."
 
Pompeio, con quen César máis adiante compartiría triunvirato, atopou unha solución importante e durante un tempo acadou o seu obxectivo de deter a molicie que ateigaba o Mare Nostrum. Tamén o sabemos por Plutarco que nos conta no capítulo 25 da biografía deste famoso xeneral romano:

"...De los piratas que todavía quedaban y erraban por el mar trató con benignidad á algunos; y contentándose con apoderarse de sus embarcaciones y sus personas, ningun daño les hizo; con lo que concibieron los demas buenas esperanzas, y huyendo de los otros caudillos se dirigieron á Pompeyo, y se le entregaron á discrecion con sus hijos y sus mujeres. Perdonólos á todos; y por su medio pudo descubrir y prender á otros, que habian procurado esconderse por reconocerse culpables de las mayores atrocidades."
En 26: "El mayor número y los de mayor poder entre ellos habian depositado sus familias, sus caudales, y toda la gente; que no estaba en estado de servir, en castillos y pueblos fortalecidos hácia el monte Tauro; y ellos, tripulando convenientemente sus naves, cerca de Coraquesio de Cilicia se opusieron á Pompeyo, que navegaba en su busca; y como dada la batalla fuesen vencidos, se redujeron á sufrir un sitio. Mas al fin recurrieron á las súplicas, y tambien se entregaron con las ciudades é islas que poseian, y en que se habian hecho fuertes, las cuales eran difíciles de tomar y poco accesibles. Terminóse, pues, la guerra, y fueron enteramente destruidas las piraterías en toda la extension del mar en el corto tiempo de tres meses; habiéndose tomado además otras muchas ciudades y naves, y entre éstas noventa con espolones de bronce. De ellos mismos cautivó Pompeyo más de veinte mil; ...

E mira a inxeniosa maneira de resolver este asunto. Non houbo castigo, non. Pompeio soubo entender a natureza humana e así determinou o que sigue:

" y si por una parte no queria quitarles la vida, por otra no creia que podia ser conveniente dejarlos, y mirar con diferencia que volvieran á esparcirse unos hombres reducidos á la necesidad y avezados á la guerra. Reflexionando, pues, que el hombre por su naturaleza é índole no nació ni es un animal cruel ó insociable, sino que la maldad es la que pervierto su carácter, y con los hábitos y la mudanza de vida y de lugares vuelve á suavizarse; y que las mismas fieras con participar de más blandos alimentos deponen su aspereza y ferocidad, resolvió trasladar aquellos hombres del mar á la tierra, y hacerlos gustar de una vida más dulce con acostumbrarlos á habitar en poblaciones, y labrar los campos. á algunos, pues, los admitieron las ciudades pequeñas y desiertas de la Cilicia, incorporándolos en sí, y adquiriendo con este motivo términos más dilatados; y tomando á la ciudad de Solos, poco ántes destruida por Tigranes, rey de Armenia, estableció á muchos en ella; pero á los más les dió por domicilio á la ciudad de Dime en la Acaya, que se hallaba entónces despoblada de habitantes, y poseia un fértil y extenso terreno."

Cada unha das biografías representa de por sí un magnífico retrato de cada un dos personaxes, busca a ensinanza moral e para iso hai unha escolla das pasaxes vitais más significativas de cada protagonista.
"A veces una broma, una anécdota, un momento insignificante, nos pintan mejor a un hombre ilustre, que las mayores proezas o las batallas más sangrientas".

Pompeio soubo entender o problema e atopou a solución. Puxo medios, xuntou voluntades e entendeu necesidades. 

Cres que esta pode ser  a solución á piratería actual? Cres que se todos puxeramos algo da nosa parte, o problema tería remedio? Cres que estes piratas se lanzan ao mar por necesidade? Cres que se alguén lles ofrecese unha alternativa (casa, traballo, terras onde traballar,...) eles teimarían na súa activididade ou cambiaríana por outra máis legal?

Sigo a pensar que os clásicos son chamados así por algo. Por certo, anímote a que leas a definición de clásico, quizais así atopes máis argumentos para coñecelos e profundizar nas súas ideas e a súa validez.




jueves, 25 de marzo de 2010

O que promete e non da...

O que promete e non da, ten o demo na ventá, sete días, sete noites e nunca de alí lle sairá.
Este refrán galego fai referencia a un tipo de persoas coas que convivimos e que dende antiguo veñen sendo obxecto da crítica e a sátira popular.
Un proverbio grego que reflexionaba sobre estes individuos foi o tema escollido por Fedro para compoñer unha fábula que onte traducíamos na clase de 2º BAC. Dí así:
Mons parturiens

Mons parturibat, gemitus immanes ciens,
Eratque in terris maxima exspectatio.
At ille murem peperit. Hoc scriptum est tibi,
Qui, magna cum minaris, extricas nihil.
Phaedrus, Liber Fabularum,liber IV, XXIV

Tamén Horacio faise eco deste mesmo proverbio e así atopamos en Ars Poetica, 139
parturient montes, nascetur ridiculus mus
Falando da épica cíclica, que como sabedes foi un conxunto de poemas posthoméricos amañados artificialmente polos filólogos alexandrinos de maneira que formaban unha serie continua de historias, desde a fundación do mundo ata o fin da época heroica, o termo gaña un matiz peiorativo pola súa pesadez e falta de relevo dramático. Con este verso Horacio da exemplo  da fatuidade de tales empresas, en contra das recomendacións aristotélicas e peripatéticas máis tarde de empezar a narración in media res.
Con esta mesma intención atopamos outra referencia en Virxilio
...saepe exiguus mus
sub terris possuitque domos atque horrea fecit, 
aut oculis capti fodere cubilia talpae,
inventusque cavis bufo et quae plurima terrae
mostra ferunt, populatque ingentem farris acervum
curculio atque inopi metuens formica senectae.
Liber Georgicon, I,180 e ss.



Patet omnibus veritas, nondum est occupata: multum ex illa etiam futuris relictum est.

Séneca, Epístolas morales, 33, 11

domingo, 14 de marzo de 2010

En feminino: A máis grande

Andamos en xornadas próximas ao 8 de marzo en non quero deixar de falar dalgunha muller relevante na noso particular ámbito pero con unha transcendencia espectacular en moitas outras áreas do coñecedemento hoxe compartimentado.
Obtei por non titular este post co nome da muller da que vou falar, porque está de moda e ás veces estar de moda non é o mellor.
A raíz da película Ágora de Amenabar ( tedes aquí entre outras cousas o trailer oficial da película), todos sabemos xa quen é Ὑπατία, pero eu quería abundar.
A obra de María Dzielska publicada por Siruela o ano 2004, ofréceme certa información que me fai reflexinar sobre "A máis grande".
É verdade que a Ilustración, o Romanticismo e o feminismo  tomárona como mártir. Hoxe é símbolo de moitas causas dende a libertade de pensamento, da idade dourada do pensamento clásico ou da liberdade sexual, pola súa condición de atractiva muller rodeada de homes pero sen lazos permanentes coñecidos con ningún deles (aínda que hai quen opina que estivo casada cun filósofo  pero que se mantivo virxe).
A min interésame destacar o seu aspecto de traballadora, colaboradora do seu pai  Teón de Alexandría, un reputado científico particualrmente brillante na astronomía e as matemáticas. E tamén a súa labor docente. Considero que grazas ás súas ensinanzas son moitas as obras que de non ser por ela teríanse perdido.
Teón de Alexandría  estudiaba os textos de Euclides, o primeiro matemático da historia e así mesmo predecía eclipses, polas súas exactas medicións dos corpos celestes e ademáis impartía docencia no Museo de Alexandría, onde os intelectuales buscaban entender a mecánica celeste como expresión da obra dos deuses.
Neste contexto Hipatia facía comentarios ás obras de importantes astrónomos e matemáticos,como ao Almagesto de Tolomeo onde se describe por primeira vez o movemento dos planetas ou facía algunha edición nova coma a das Tablas do astrónomo Tolomeo que os estudiosos medievais coñeceron grazas á inclusión nunha obra posterior O Canon Astronómico de Hesequio de Alexandría.Ela deu a coñecer a Diofanto, o pai da álxebra, polo que se interesou especialmente e comentou a súa obra de aritmética. Algunhas destas contribucións eran firmadas polo seu pai.

Hipatia impartía docencia na súa casa a onde acudían importantes estudiosos de Alexandría e de fóra, convertíndose axiña no principal cenáculo intelectual da cidade a finais do século IV. Ela foi mestra da élite, incluso do prefecto romano Orestes, con quen a ligaba unha estreita amizade. Os seus alumnos aprenderon a elaborar instrumentos como o hidrómetro ou o astrolabio, fundamental logo para os navegantes, primeiro do Islam no século VIII e logo para a conquista de América no s. XV.

Durante a súa vida todo isto serviulle para ser acusada de seductora por medio de artes diabólicas, de meiga e finalmente para ser humillada e asasinada.
Hoxe sabemos que Hipatia levou o modo de vida dos homes e mulleres de ciencia máis comprometidos coa súa vocación investigadora e docente e ás veces isto ten un prezo moi alto,  pero pese a quen pese foi un elo imprescindible na historia (case como todos os que nos adicamos a ensinar, permítaseme a ironía) pero ela naceu nun mal momento, encrucillada entre o declinar do poder civil romano e o empuxe da Iglesia.

lunes, 8 de marzo de 2010

Día internacional da muller traballadora

Lisístrata pode considerarse a semente deste día que todas as mulleres traballadoras celebramos hoxe.

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.

Lisístrata, Λυσιστράτη a que disolve os exércitos, é a muller dun soldado ateniense, que cansa de continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras poleis gregas, reúne ás mulleres de ambos bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. En efecto, a nosa heroina,  está farta das miserias que lles acarrean como a separación dos maridos, os problemas de abastecemento de mercandurias, os gastos económicos...  idea un mecanismo infalible para acabar coa estupidez dos homes e así sucede en efecto. Ao final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, asinan a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres..
Trátase, pois, dun argumento sinxelo e gracioso, pero é que a obra foi escrito fai máis de 2.400 anos como manifesto pacifista. De aí vén a súa gran actualidade, como o papel activo das mulleres nunha época en que estas se atopaban absolutamente marxinadas.

Aristófanes contóunolo nun tono cómico. Este é un fragmento do xuramento inicial:

"-Lisístrata   Lampito, todas as mulleres toquen esta copa, e repitan logo de min: non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
- Cleónica: Non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
Lisístrata, a película





- Lisístrata: Aínda que veña a min en condicións lamentables.
- Cleónica: Aínda que veña a min en condicións lamentables. (¡Oh Lisístrata, isto estame matando!)
- Lisístrata: Permanecerei intocable na miña casa.
- Cleónica: Permanecerei intocable na miña casa.
- Lisístrata: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Cleónica: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Lisístrata: E farei que me desexe.
- Cleónica: E farei que me desexe.
- Lisístrata: Non me entregarei.
- Cleónica: Non me entregarei.
- Lisístrata: E se el obrígame.
- Cleónica: E se el obrígame.

- Lisístrata: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
- Cleónica: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
(...)
- Lisístrata: Todas xuraron?
- Mirrina: Todas.

Hai unha película española  do ano 2002, dirixida por Francesc Bellmunt, con  Maribel Verdú (Lisístrata), Juan Luís Galiardo, Javier Gurruchaga, Aitor Mazo, Jesús Bonilla e Sonia Ferrer. En realidade, está baseada no cómic de Ralf König, pois a película conta como no ano 411 a. C. Atenas e Esparta están sumidas nunha guerra sen solución á vista. Debido á situación, as mulleres, lideradas por Lisístrata, decláranse en folga de sexo ata que termine a guerra. Isto fai que a moral dos homes baixe considerablemente e por iso busquen unha solución. En este caso a solución é distinta á que propón Aristófanes.
Related Posts with Thumbnails