Lisístrata pode considerarse a semente deste día que todas as mulleres traballadoras celebramos hoxe.A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.
Lisístrata, Λυσιστράτη a que disolve os exércitos, é a muller dun soldado ateniense, que cansa de continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras poleis gregas, reúne ás mulleres de ambos bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. En efecto, a nosa heroina, está farta das miserias que lles acarrean como a separación dos maridos, os problemas de abastecemento de mercandurias, os gastos económicos... idea un mecanismo infalible para acabar coa estupidez dos homes e así sucede en efecto. Ao final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, asinan a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres..
Trátase, pois, dun argumento sinxelo e gracioso, pero é que a obra foi escrito fai máis de 2.400 anos como manifesto pacifista. De aí vén a súa gran actualidade, como o papel activo das mulleres nunha época en que estas se atopaban absolutamente marxinadas.
Aristófanes contóunolo nun tono cómico. Este é un fragmento do xuramento inicial:
"-Lisístrata Lampito, todas as mulleres toquen esta copa, e repitan logo de min: non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
- Cleónica: Non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
![]() | ||||||
| Lisístrata, a película |
- Cleónica: Aínda que veña a min en condicións lamentables. (¡Oh Lisístrata, isto estame matando!)
- Lisístrata: Permanecerei intocable na miña casa.
- Cleónica: Permanecerei intocable na miña casa.
- Lisístrata: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Cleónica: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Lisístrata: E farei que me desexe.
- Cleónica: E farei que me desexe.
- Lisístrata: Non me entregarei.
- Cleónica: Non me entregarei.
- Lisístrata: E se el obrígame.
- Cleónica: E se el obrígame.
- Lisístrata: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
- Cleónica: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
(...)
- Lisístrata: Todas xuraron?
- Mirrina: Todas.
Hai unha película española do ano 2002, dirixida por Francesc Bellmunt, con Maribel Verdú (Lisístrata), Juan Luís Galiardo, Javier Gurruchaga, Aitor Mazo, Jesús Bonilla e Sonia Ferrer. En realidade, está baseada no cómic de Ralf König, pois a película conta como no ano 411 a. C. Atenas e Esparta están sumidas nunha guerra sen solución á vista. Debido á situación, as mulleres, lideradas por Lisístrata, decláranse en folga de sexo ata que termine a guerra. Isto fai que a moral dos homes baixe considerablemente e por iso busquen unha solución. En este caso a solución é distinta á que propón Aristófanes.







No hay comentarios:
Publicar un comentario