domingo, 14 de marzo de 2010

En feminino: A máis grande

Andamos en xornadas próximas ao 8 de marzo en non quero deixar de falar dalgunha muller relevante na noso particular ámbito pero con unha transcendencia espectacular en moitas outras áreas do coñecedemento hoxe compartimentado.
Obtei por non titular este post co nome da muller da que vou falar, porque está de moda e ás veces estar de moda non é o mellor.
A raíz da película Ágora de Amenabar ( tedes aquí entre outras cousas o trailer oficial da película), todos sabemos xa quen é Ὑπατία, pero eu quería abundar.
A obra de María Dzielska publicada por Siruela o ano 2004, ofréceme certa información que me fai reflexinar sobre "A máis grande".
É verdade que a Ilustración, o Romanticismo e o feminismo  tomárona como mártir. Hoxe é símbolo de moitas causas dende a libertade de pensamento, da idade dourada do pensamento clásico ou da liberdade sexual, pola súa condición de atractiva muller rodeada de homes pero sen lazos permanentes coñecidos con ningún deles (aínda que hai quen opina que estivo casada cun filósofo  pero que se mantivo virxe).
A min interésame destacar o seu aspecto de traballadora, colaboradora do seu pai  Teón de Alexandría, un reputado científico particualrmente brillante na astronomía e as matemáticas. E tamén a súa labor docente. Considero que grazas ás súas ensinanzas son moitas as obras que de non ser por ela teríanse perdido.
Teón de Alexandría  estudiaba os textos de Euclides, o primeiro matemático da historia e así mesmo predecía eclipses, polas súas exactas medicións dos corpos celestes e ademáis impartía docencia no Museo de Alexandría, onde os intelectuales buscaban entender a mecánica celeste como expresión da obra dos deuses.
Neste contexto Hipatia facía comentarios ás obras de importantes astrónomos e matemáticos,como ao Almagesto de Tolomeo onde se describe por primeira vez o movemento dos planetas ou facía algunha edición nova coma a das Tablas do astrónomo Tolomeo que os estudiosos medievais coñeceron grazas á inclusión nunha obra posterior O Canon Astronómico de Hesequio de Alexandría.Ela deu a coñecer a Diofanto, o pai da álxebra, polo que se interesou especialmente e comentou a súa obra de aritmética. Algunhas destas contribucións eran firmadas polo seu pai.

Hipatia impartía docencia na súa casa a onde acudían importantes estudiosos de Alexandría e de fóra, convertíndose axiña no principal cenáculo intelectual da cidade a finais do século IV. Ela foi mestra da élite, incluso do prefecto romano Orestes, con quen a ligaba unha estreita amizade. Os seus alumnos aprenderon a elaborar instrumentos como o hidrómetro ou o astrolabio, fundamental logo para os navegantes, primeiro do Islam no século VIII e logo para a conquista de América no s. XV.

Durante a súa vida todo isto serviulle para ser acusada de seductora por medio de artes diabólicas, de meiga e finalmente para ser humillada e asasinada.
Hoxe sabemos que Hipatia levou o modo de vida dos homes e mulleres de ciencia máis comprometidos coa súa vocación investigadora e docente e ás veces isto ten un prezo moi alto,  pero pese a quen pese foi un elo imprescindible na historia (case como todos os que nos adicamos a ensinar, permítaseme a ironía) pero ela naceu nun mal momento, encrucillada entre o declinar do poder civil romano e o empuxe da Iglesia.

2 comentarios:

Daniel Lagoa dijo...

Unha fantástica entrada. A de Hipatia é unha figura apoixoante, que paga a pena lembrar mil veces, sobre todo tendo en conta que, malia a ter sido moito o acadado nos últimos tempos, aínda falta camiño que recorrer...O recordo de Hipatia pode ser unha boa luz para a viaxe...Saudiños.

hecuba dijo...

Comparto a túa reflexión sobre esta apaixoante muller.
Gracias, Daniel, polo teu comentario.

Related Posts with Thumbnails