jueves, 25 de marzo de 2010

O que promete e non da...

O que promete e non da, ten o demo na ventá, sete días, sete noites e nunca de alí lle sairá.
Este refrán galego fai referencia a un tipo de persoas coas que convivimos e que dende antiguo veñen sendo obxecto da crítica e a sátira popular.
Un proverbio grego que reflexionaba sobre estes individuos foi o tema escollido por Fedro para compoñer unha fábula que onte traducíamos na clase de 2º BAC. Dí así:
Mons parturiens

Mons parturibat, gemitus immanes ciens,
Eratque in terris maxima exspectatio.
At ille murem peperit. Hoc scriptum est tibi,
Qui, magna cum minaris, extricas nihil.
Phaedrus, Liber Fabularum,liber IV, XXIV

Tamén Horacio faise eco deste mesmo proverbio e así atopamos en Ars Poetica, 139
parturient montes, nascetur ridiculus mus
Falando da épica cíclica, que como sabedes foi un conxunto de poemas posthoméricos amañados artificialmente polos filólogos alexandrinos de maneira que formaban unha serie continua de historias, desde a fundación do mundo ata o fin da época heroica, o termo gaña un matiz peiorativo pola súa pesadez e falta de relevo dramático. Con este verso Horacio da exemplo  da fatuidade de tales empresas, en contra das recomendacións aristotélicas e peripatéticas máis tarde de empezar a narración in media res.
Con esta mesma intención atopamos outra referencia en Virxilio
...saepe exiguus mus
sub terris possuitque domos atque horrea fecit, 
aut oculis capti fodere cubilia talpae,
inventusque cavis bufo et quae plurima terrae
mostra ferunt, populatque ingentem farris acervum
curculio atque inopi metuens formica senectae.
Liber Georgicon, I,180 e ss.



Patet omnibus veritas, nondum est occupata: multum ex illa etiam futuris relictum est.

Séneca, Epístolas morales, 33, 11

domingo, 14 de marzo de 2010

En feminino: A máis grande

Andamos en xornadas próximas ao 8 de marzo en non quero deixar de falar dalgunha muller relevante na noso particular ámbito pero con unha transcendencia espectacular en moitas outras áreas do coñecedemento hoxe compartimentado.
Obtei por non titular este post co nome da muller da que vou falar, porque está de moda e ás veces estar de moda non é o mellor.
A raíz da película Ágora de Amenabar ( tedes aquí entre outras cousas o trailer oficial da película), todos sabemos xa quen é Ὑπατία, pero eu quería abundar.
A obra de María Dzielska publicada por Siruela o ano 2004, ofréceme certa información que me fai reflexinar sobre "A máis grande".
É verdade que a Ilustración, o Romanticismo e o feminismo  tomárona como mártir. Hoxe é símbolo de moitas causas dende a libertade de pensamento, da idade dourada do pensamento clásico ou da liberdade sexual, pola súa condición de atractiva muller rodeada de homes pero sen lazos permanentes coñecidos con ningún deles (aínda que hai quen opina que estivo casada cun filósofo  pero que se mantivo virxe).
A min interésame destacar o seu aspecto de traballadora, colaboradora do seu pai  Teón de Alexandría, un reputado científico particualrmente brillante na astronomía e as matemáticas. E tamén a súa labor docente. Considero que grazas ás súas ensinanzas son moitas as obras que de non ser por ela teríanse perdido.
Teón de Alexandría  estudiaba os textos de Euclides, o primeiro matemático da historia e así mesmo predecía eclipses, polas súas exactas medicións dos corpos celestes e ademáis impartía docencia no Museo de Alexandría, onde os intelectuales buscaban entender a mecánica celeste como expresión da obra dos deuses.
Neste contexto Hipatia facía comentarios ás obras de importantes astrónomos e matemáticos,como ao Almagesto de Tolomeo onde se describe por primeira vez o movemento dos planetas ou facía algunha edición nova coma a das Tablas do astrónomo Tolomeo que os estudiosos medievais coñeceron grazas á inclusión nunha obra posterior O Canon Astronómico de Hesequio de Alexandría.Ela deu a coñecer a Diofanto, o pai da álxebra, polo que se interesou especialmente e comentou a súa obra de aritmética. Algunhas destas contribucións eran firmadas polo seu pai.

Hipatia impartía docencia na súa casa a onde acudían importantes estudiosos de Alexandría e de fóra, convertíndose axiña no principal cenáculo intelectual da cidade a finais do século IV. Ela foi mestra da élite, incluso do prefecto romano Orestes, con quen a ligaba unha estreita amizade. Os seus alumnos aprenderon a elaborar instrumentos como o hidrómetro ou o astrolabio, fundamental logo para os navegantes, primeiro do Islam no século VIII e logo para a conquista de América no s. XV.

Durante a súa vida todo isto serviulle para ser acusada de seductora por medio de artes diabólicas, de meiga e finalmente para ser humillada e asasinada.
Hoxe sabemos que Hipatia levou o modo de vida dos homes e mulleres de ciencia máis comprometidos coa súa vocación investigadora e docente e ás veces isto ten un prezo moi alto,  pero pese a quen pese foi un elo imprescindible na historia (case como todos os que nos adicamos a ensinar, permítaseme a ironía) pero ela naceu nun mal momento, encrucillada entre o declinar do poder civil romano e o empuxe da Iglesia.

lunes, 8 de marzo de 2010

Día internacional da muller traballadora

Lisístrata pode considerarse a semente deste día que todas as mulleres traballadoras celebramos hoxe.

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.

Lisístrata, Λυσιστράτη a que disolve os exércitos, é a muller dun soldado ateniense, que cansa de continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras poleis gregas, reúne ás mulleres de ambos bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. En efecto, a nosa heroina,  está farta das miserias que lles acarrean como a separación dos maridos, os problemas de abastecemento de mercandurias, os gastos económicos...  idea un mecanismo infalible para acabar coa estupidez dos homes e así sucede en efecto. Ao final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, asinan a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres..
Trátase, pois, dun argumento sinxelo e gracioso, pero é que a obra foi escrito fai máis de 2.400 anos como manifesto pacifista. De aí vén a súa gran actualidade, como o papel activo das mulleres nunha época en que estas se atopaban absolutamente marxinadas.

Aristófanes contóunolo nun tono cómico. Este é un fragmento do xuramento inicial:

"-Lisístrata   Lampito, todas as mulleres toquen esta copa, e repitan logo de min: non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
- Cleónica: Non terei ningunha relación co meu esposo ou o meu amante.
Lisístrata, a película





- Lisístrata: Aínda que veña a min en condicións lamentables.
- Cleónica: Aínda que veña a min en condicións lamentables. (¡Oh Lisístrata, isto estame matando!)
- Lisístrata: Permanecerei intocable na miña casa.
- Cleónica: Permanecerei intocable na miña casa.
- Lisístrata: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Cleónica: Co meu máis sutil seda azafranada.
- Lisístrata: E farei que me desexe.
- Cleónica: E farei que me desexe.
- Lisístrata: Non me entregarei.
- Cleónica: Non me entregarei.
- Lisístrata: E se el obrígame.
- Cleónica: E se el obrígame.

- Lisístrata: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
- Cleónica: Serei tan fría como o xeo e non lle moverei.
(...)
- Lisístrata: Todas xuraron?
- Mirrina: Todas.

Hai unha película española  do ano 2002, dirixida por Francesc Bellmunt, con  Maribel Verdú (Lisístrata), Juan Luís Galiardo, Javier Gurruchaga, Aitor Mazo, Jesús Bonilla e Sonia Ferrer. En realidade, está baseada no cómic de Ralf König, pois a película conta como no ano 411 a. C. Atenas e Esparta están sumidas nunha guerra sen solución á vista. Debido á situación, as mulleres, lideradas por Lisístrata, decláranse en folga de sexo ata que termine a guerra. Isto fai que a moral dos homes baixe considerablemente e por iso busquen unha solución. En este caso a solución é distinta á que propón Aristófanes.
Related Posts with Thumbnails