jueves, 25 de marzo de 2010

O que promete e non da...

O que promete e non da, ten o demo na ventá, sete días, sete noites e nunca de alí lle sairá.
Este refrán galego fai referencia a un tipo de persoas coas que convivimos e que dende antiguo veñen sendo obxecto da crítica e a sátira popular.
Un proverbio grego que reflexionaba sobre estes individuos foi o tema escollido por Fedro para compoñer unha fábula que onte traducíamos na clase de 2º BAC. Dí así:
Mons parturiens

Mons parturibat, gemitus immanes ciens,
Eratque in terris maxima exspectatio.
At ille murem peperit. Hoc scriptum est tibi,
Qui, magna cum minaris, extricas nihil.
Phaedrus, Liber Fabularum,liber IV, XXIV

Tamén Horacio faise eco deste mesmo proverbio e así atopamos en Ars Poetica, 139
parturient montes, nascetur ridiculus mus
Falando da épica cíclica, que como sabedes foi un conxunto de poemas posthoméricos amañados artificialmente polos filólogos alexandrinos de maneira que formaban unha serie continua de historias, desde a fundación do mundo ata o fin da época heroica, o termo gaña un matiz peiorativo pola súa pesadez e falta de relevo dramático. Con este verso Horacio da exemplo  da fatuidade de tales empresas, en contra das recomendacións aristotélicas e peripatéticas máis tarde de empezar a narración in media res.
Con esta mesma intención atopamos outra referencia en Virxilio
...saepe exiguus mus
sub terris possuitque domos atque horrea fecit, 
aut oculis capti fodere cubilia talpae,
inventusque cavis bufo et quae plurima terrae
mostra ferunt, populatque ingentem farris acervum
curculio atque inopi metuens formica senectae.
Liber Georgicon, I,180 e ss.



Patet omnibus veritas, nondum est occupata: multum ex illa etiam futuris relictum est.

Séneca, Epístolas morales, 33, 11

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails