miércoles, 9 de septiembre de 2009

Tecnoloxía ou metodoloxía


Ola a todos.
Neste comezo de curso, ao tempo que rematamos de elaborar as programacións con un sin fin de bós propósitos, tamén reflexionamos sobre esta nova tendencia a introducir as novas tecnoloxías en todas as áreas educativas pero cábenos unha duda: todos os que utilizan xa os recursos tecnolóxicos adaptan a súa metodoloxía aos novos tempos. Non o sei...
Ler e escribir son construcións sociais e en cada época tiveron as súas significacións particulares.

Hoxe sabemos que o mundo laboral está altamente informatizado, que os requisitos sociais e laborais son moi exixentes. As novas tecnoloxías requiren novas capacidades no uso da lingua escrita. Novas formas de escritura están xurdindo a raíz de medios como Internet, mail, páxinas web, hipertextos, etc.


La escritura fija la lengua, la controla de tal manera que las palabras no se dispersen, no se desvanezcan ni se sustituyan unas a otras”  di Emilia Ferrreiro en  1996.


Todas as escrituras recrean a lingua e hoxe en un novo escenario xurden novas formas de apropiarse da escrita. Un mundo complexo no que se construen  formas de dicir, escribir e ler.
A escrita actual sen dúbida vai camiño a unha escrita coas dúas mans no teclado e caracteres separados. Todo fai pensar que estamos fronte a diferentes estéticas textuais, fragmentadas.


La página medieval permitió una relación única y singular entre el lector y el texto. La página de la computadora rompe la intimidad con el texto. La página iluminada y en posición vertical transforma la lectura en computadora en una lectura pública” (Ferreiro, 2001)


Este camiño esixe un cambio de cultura, de hábitos de traballo cotidiano, de proxectos educativos. Para crear hábitos  necesítase tempo. A constitución destes hábitos dixitais están instalándose a partir doutros desenvolvementos mentais. Os rapaces serán os máis adecuados para liderar estes pasos. Os adultos teremos que realizar esforzos para adaptarnos ao mundo dixital. Neste camiño andamos e témonos proposto continúar. Pois o máis importante na alfabetización dixital é a nosa preparación intelectual para servirnos das novas tecnoloxías.



Esta nova era precisa mentes disciplinadas que discriminen o importante do que non o é perante tanta información; asemade, deben sintetizar os coñecementos dispersos na rede.

Howard Gardner en  “Cinco mentalidades para el futuro” ademais disto formula a necesidade doutras tres que son mentalidad creativa, mentalidad respetuosa y mentalidad ética. É dicir,  disciplina, capacidade de síntesis, creatividade, respeto e ética. Estas  son as habilidades e predisposicións que deberiamos desenvolver.

As familias e os centros educativos debemos xogar aquí un importante papel.
Sirva a reflexión para comezar con bó humor.








Dei audaces iuvant

Related Posts with Thumbnails