
Paseando polas súas rúas, todas cheas dos restos desta gran festa, ninguén pensaría que algunha vez tivera estado limpa. Pero eles estaban moi ledos e ata parecía non molestalos a cantidade de lixo co que tropezabamos e que era imposible evitar pois estaba alí,en calquera parte que miraras.
Mailo aspecto cambiou aos poucos días e despois de quedarmos fascinadas polo ritmo vertixinoso que marcan as múltiples bicicletas, maravilláronnos as pontes por onde atravesar os tamén múltiples canais que percorren o casco vello da cidade e as casiñas holandesas ergueitas, verticais, peculiares.
En este escenario dimos con elementos que nos recordaron a cultura clásica, impensable, a priori, nunha cidade fundada alá polo século XIII. Por suposto tamén atopamos elementos que nos recordaron á aldea global na que nos estamos a converter.
1 comentario:
Tremenda bitácora!!
Casualmente o ano pasado estiven eu, coa miña parella por Atenas...
Paso a enlazar esta web ao meu blog desde onde, por certo, tamén estou facendo unha crónica desa viaxe á capital da Hélade (son 16 días e por agora levo 11 horas e xa foron precisas 9 entradas).
Unha forte aperta
Publicar un comentario