miércoles, 3 de diciembre de 2008

Neva

O luns día 1 a miña vila aparecía deste xeito



Quero aproveitar este momento máxico que produce sempre o feito de nevar, o silencio que acompaña, para poñervos aquí algún vocabulario relacionado coa natureza e as súas manifestacións.
Así
terra,-ae: é a terra, elemento da natureza, planeta, mundo, rexión
tellus, tellur-is: a terra, considerada como un corpo celeste, símbolo de forza productora de carácter divino.
Estas dúas palabras son femininas, productivas.
sol-um,-i:o solo, o terreo.
hum-us,-i: a terra arada, aínda húmida.
ager, agr-i: o campo, en xeral. Ager publicus: terreo aptos para o cultivo de carácter público.
camp-us,-i: o campo, pero como extensión para cultivar.
arv-um,-i: o campo, o terreo cultivado.
rus,rur-is: o campo, por oposición á cidade.
prat-um, -i: a apradella.
mon-s, mont-is: o monte
coll-is,-is: o outeiro, o cotarelo.
vall-is,-is: o val.
silv-a,-ae: a fraga.
luc-us, -i: a fraga sagrada. Un claro da fraga.
planiti-es,-ei: a chaira.
fruct-us, -us: o froito.
frug-es, -um: os froitos da terra, en xeral.
aqu-a, -ae: a auga
und-a, -ae: a onda.
fluct-us, -us: onda, a auga en movemento.
mar-e, -is: o mar.
pont-us, -i: a mar, é un termo usado case exclusivamente en poesía.
litus, litor-is: a costa, a praia.
or-a, -ae: a beira, a beiramar.
rip-a, -ae: ribeira, beira, terra próxima aos ríos.
sin-us, -us: golfo, enseada.
gurge-s, gurgit-is: remuiño.
flumen, flumin-is: río.
fluvi-us,-i: río.
amn-is,-is: río, termo poético.
riv-us,-i: regato, regueiro.
torren-s, torrent-is: torrente, corrente forte de auga de carácter accidental.
lac-us, -us: lago.
palu-s, palud-is: lagoa.
fon-s, font-is: fonte.
pluvi-a, -ae: choiva.
imber, imbr-is: a choiva, a borrasca, vento e choiva, especialmente no mar.
ros, ror-is: orballo, rosada.
nub-es,-is: nube
tonitr-u,-us: o trono
fulmen, fulmin-is: o lóstrego, alustro, relámpago, descarga eléctrica que se produce nunha treboada.
grando, grandin-is: a sarabia.
nix, niv-is: a neve.
gel-u,-us: o xeo.
frigus, frigor-is: o frío.
aest-us,-us: o ardor, a calor do sol.
calor, calor-is: a calor, en xeral.
procell-a, -ae: tempestade, vendaval, treboada.
vent-us, -us: o vento
aur-a,-ae: brisa, airexa.
aër, aër-is: o aire.
Outro día podemos poñer máis, incluso expresións que teñan na súa formación algúns destes elementos.
Podíades aportarme tamén palabras, en galego ou castelén, derivadas destas formas latinas. Que vos parece?

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

E cal é a tua vila?
Ola Encarna, vexo que esta bitácora xa non ten marcha atrás...!
Non atopo ningún problema nos seus contidos o nos seus elementos de páxina (sive caralladas)
Ya vexo que dominas o slide, o lector de RSS (aínda que non ten moito sentido incluír as propias noticias do blog...)
Dentro de pouco comentareiche algo sobre unha nova idea que me anda rondando a cabeza (misterio...)

Related Posts with Thumbnails