jueves, 5 de febrero de 2009

Imos de caza: As orixes míticas de Roma


Arma virumque canit mira virtute potentem

Iunonisque odio disiectas aequore puppes

hospitium Didus, classem sociosque receptos,

utque epulas inter casus regina requirat.

Vergilius, Aeneidos, I,1-4


Todo é lenda, todo literatura pero gústanos ler e coñecer ese pasado que aínda permanece vivo e senón observa esta parte dunha película americana do ano 1959


  • Preguntas
Despois da moi boa exposición do traballo de Ángela, creo que estamos en disposición de disfrutar co que aprendemos e darnos o gustazo de resolver as seguintes cuestións:

1. Que autor latino e en que obra narra os avatares de Eneas ata chegar ás costas do Lacio? Mapa da viaxe

2. Quen eran: o rei Latino, Lavinia, Ascanio, Alba Longa, Procas, Numitor e Amulio?

3. Por que Rhea Silvia foi obrigada a facerse Vestal? Quen eran as vestais? Que votos debían respetar?

4. Como foi daquela que naceron Rómulo e Remo?
5. Como decidiron Rómulo e Remo quen dos dous sería rei de Roma?

6. Por que se produxo o Rapto das sabinas?

7. Como morreu Rómulo? Que rei foi o seu sucesor?

8. Como subeu ao trono Servio Tulio con ese nome, segundo a lenda?

9. A que debía Tarquinio II o seu alcume de Superbus?

10. Que suceso motivou a caída da monarquía de Tarquinio e a expulsión dos etruscos de Roma? (5O9 a.C)


  • Recursos:
As dúbidas podedes solucionalas aquí:

-Historia de Roma

-Personajes de la historia

-Contos mitolóxicos

-Mapas

-Visita virtual


Visualiza tamén este video, pódevos ser útil.


  • A gran pregunta

Como podemos relacionar a destrución de Troia coa lendaria fundación de Roma?


  • Avaliación
Para a avaliación desta actividade repartiremos como sigue:
- 6 puntos para as dez preguntas
- 4 puntos para a gran pregunta.
Valorarase a xenerosidade nas respostas e a aportación de gráficos, imaxes e todo o que poda contribuír a demostrar a claridade meridiana coa que entendedes todo.
Podedes enviar as respostas por correo, entregalas na clase ou deixalas nesta entrada.
Tedes ata o venres 13 de prazo para rematar a actividade.

  • Crétos
    Agradecemos a todos aqueles que nos proporcionaron material para a elaboración desta "Caza do tesouro" como Cristóbal Macias, Carlos Cabanillas...
  • 2 comentarios:

    Susana Losada dijo...

    Que estupenda actividade!. Eu pensaba que a caza de tesouros facíase en páxinas especiais e logo se colgaban do blog. Eu tiña pensado facer, maís adiante, tamén algo relacioando coa Ilíada Teño que aprender a poñer ese "lector" de enlaces tan especial que tes ti. (Son unha "envidiosa" dos blogs tan chulos dos demais)

    hecuba dijo...

    Grazas polo comentario, Susana. As cazas fanse en páxinas especiais como nos enseña Sergi no tutorial, pero a min pareceume máis dificil que poñelo así. Son cómoda!!! pero teño que aprender.
    Non sei a que lector de enlaces te refieres pero se é o de Grazr, mandounos o profe poñelo, se é outro dimo que se podo aprendote como o fixen.

    Related Posts with Thumbnails