É verdade que os heroes da banda deseñada non cumpren anos porque viven no mundo da ficción pero xa vai medio século que se publicou a primeira entrega do famoso galo Astérix.
Os seus creadores inventárono en 15 minutos en 1959 en París. Querían contar en cómic a historia francesa aprendida na escola. Plasmar en debuxos como os romanos invadiron As Galias. Téñense vendido máis de 325 millones de copias traducidas a 17 idiomas.
As aventuras de Astérix e Obélix, xunto co resto da súa aldea, proporciónannos rica información sobre a conquista das Galias, César, finais da Republica.

Podes tamén disfrutar de xogos, actividades interactivas, atopar máis información, aquí na páxina oficial.
Todos os personaxes están tamén e podes familiarizarte con eles grazas a algúns xogos. Veña, proba!!!
E se queres un fondo de pantalla para o teu computador, tamén podes atopalos nesta dirección.

No hay comentarios:
Publicar un comentario