martes, 20 de octubre de 2009

Ex libris

Ex libris é unha locución latina que significa de entre os libros e  que se tiñan por costume colocar ou pegar na garda do libro ou no reverso da tapa co nome do dono ou da biblioteca á que pertence. parece que a súa orixe é tan antiga coma a dos libros mesmos. Polo xeral, ao nome do propietario precedeo a expresión ex libris, aínda que existen variantes como ex bibliotheca, e-libris ou outras menos formais  como Son de, Tal tenme na súa biblioteca, etc).

Crese que o primeiro antecedente do ex libris é unha placa de barro cocido e esmaltada cuns xeroglíficos que apuntan ao faraón exipcio Amenhotep III (século XV a.C.) como e seu propietario. Suponse que foi utilizada como marca nos estuches dos volumes de papiro da súa biblioteca. Na actualidade podémola ver no  Museo Británico.

Durante a Idad Media os ex libris máis difundidos consistían en anotacións manuscritas nos códices. Os monxes cuidaban cada detalle na súa ardua, meticulosa e lenta tarefa.Tamén eran comúns as inscripcións solicitando a devolución do libro ao propietario:

Este libro pertence aos monxes do mosterio de Santo Jacopo de Ripoli en Firenze. Quen o coller, teña a bondade de devolvelo pronto e sen ningún desperfecto. Este libro é meu.

Outras, incluso, ían acompañadas dunha serie de maldicións para os amigos do alleo. Como esta atopada no templo de Daigoji (Xapón): Robar este libro pecha as portas do Ceo, e destruílo abre as do Infierno. O que tome este libro sen permiso será castigado por todoslos deuses do Xapón.


O primeiro ex libris coñecido aparece nos libros doados por Hildebrand Brandenburg de Biberach á Cartuxa de Buxheim, en Suabia, en 1470 aínda que a plancha é dez ou doce anos posterior. A imprenta vai revolucionar toda a producción de ex libris; os libros xa no eran exclusividade dos reis e do clero, e os propietarios das grandes bibliotecas desexaban deixar moi claro a quien pertencían todos eses volumes,así marcaron cada exemplar cun  ex libris. Moitos destes fixeronse a man. Durero, Lucas Cranach, Jost Ammam ou  Hans Holbein foron verdaderos artistas desta modalidade pictórica.

Os de tema heráldico foron os preferidos dos primeiros propietarios desta nova caste, pois todos procedían de  familias nobles. En Inglaterra os libros doados  en 1574 á Universidade de Cambridge por Sir Nicholas Bacon portaban o escudo do doante con unha inscripción impresa. Ata a segunda metade do XVII foi raro o uso destes adornos en Francia e Inglaterra, pois os donos dos volumes preferían estampar directamente o escudo ou o nome nas súas tapas de coiro. No XVIII comenzaron a destacar os alegóricos, con símbolos ou emblemas. Os escudos foron substituidos por figuras alusivas ao libro, á súa temática , á  profesión do seu dono ou ao seu pensamento filosófico. A época dourada destas marcas de propiedade  é no Modernismo (finais do XIX e comezos do XX), co auxe da bibliofilia e o coleccionismo.
Famosos son os ex libris  da  biblioteca de Urbano VIII, preciosos en canto a súa presentación.

A xilografía, calcografía,  litografía, serigrafía  todas foron técnicas empregadas para acadar os impresionantes resultados que podemos observar hoxe en día.

En España, o primeiro que realizou interesantes estudos sobre o tema foi Mariano Pardo de Figueroa (O Doutor Thebussem)  e espertou a curiosidade de artistas como Alexandre de Riquer, Josep Triadó, Joaquim Renart, Palencia ou  Corvert, que levaron a cabo verdadeiras obras de arte. Triadó mostrou parte dos seus na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid, 1901. Grazas á Biblioteca Virtual Cervantes pódense percorrer os números dunha publicación  Revista ibérica de ex libris que se publicou entre os anos 1903 e 1906.
Sobre ex libris cervantinos podes atopar aquí todo.





Despois desta panorámica sobre a historia destas marcas de identidade dos libros e os seus propietarios, propóñovos que busquedes algúns de tema clásico (motivos mitolóxicos, lendas en latín,...) e que pergeñemos unha exposición para rematar o curso. Que vos parece? Podedes deixalos na Wiki.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails