As miñas alumnas comentaron que fora a súa viaxe máis enriquecedora realizada ata agora. Todo estivo perfecto, a excepción de Iberia. Para regresar, saímos de Atenas, rumbo a Madrid, con retraso e ao chegar tivemos que andar listos para enlazar o vó da Coruña. A nosa compañía aérea non estivo tan lista para cambiar as nosas maletas e ao chegar a Alvedro, non había nin unha sóa. Trinta e oito maletas desaparecidas!!!... que recuperamos ao día seguinte.
Nós destacariamos desta experiencia pioneira en Galiza o comportamento do alumnado que recibiu os parabéns da representante da axencia coa que viaxamos; a sorte de ter un guía por todo o Peloponeso, Elefteris, un filósofo grego actual, enciclopédico, culto e humano que nos amosou unha perspectiva moi enriquecedora da Grecia clásica e tamén a perfecta organización do representante da SEEC, Ricardo Martín.
Así trancorreu a nosa semana:
- Sábado 14: saída de Alvedro ás sete da mañá para chegar a Atenas ás 16,30 hora local. Unha vez instalados no hotel Stanley, percorremos os lugares máis emblemáticos da Atenas actual, especialmente Plaka e Ágora romana
- Luns 16: pola mañá vimos a Acrópole e a Ágora grega, Areópago onde limos o texto de San Xoan; pola tarde Cabo Sunion para ver o Templo de Poseidón e visita a Perdix.
- Mércores 18: iniciamos a ruta visitando Epidauro, onde nos choveu. Entendimos o porque dun teatro monumental nun santuario e lugar d
e sanación. No museo vimos o capitel corintio máis antigo conservado; a continuación a fortaleza veneciana de Nauplio e pola tarde antes de partir para Olimpia, onde pasamos a noite, ruinas de Tirinto e Megalópolis ( patria de Polibio).
- Xoves 19: Visitamos o museo, santuario e estadio (segunda carreira olímpica) en Olimpia; comida e celebración do cumple de María. Pola tarde Naupacto ( antiga Lepanto, onde Cervantes perdera o brazo) e seguimos camiño cara a Delfos, cruzando pola ponte nova construída por Calatrava, con motivo dos Xogos Olímpicos.
Máis información, sobre todo gráfica, aquí abaixo.
Chicas! preparádevos para esa xuntanza que tiñamos pensado, ou non?
Viaxe a grecia [Autoguardado]
2 comentarios:
¡qué maravilla, qué ganas, que envidia (sana), qué tristeza por no haber estado (cuando faltó tan poco), qué anhelo de estar la próxima vez! Felicidades a todos los partcipantes -profesores y alumnos- por haber tenido -y haber aprovechado- la oportunidad
y muchas gracias por estas deliciosas crónicas que nos consuelan un poquitín a los que finalmente no pudimos ir (no por falta de ganas ni por falta de iniciativa). Un saludo.
Que ben se volve dunha viaxe coma esta! a nós aínda nos dura o bo sabor de boca. Eu levo moitos anos organizando esta viaxe con algún que outro centro e a verdade é que non nos damos cansado. O mellor de todo é que os alumnos/as disfruten a experiencia e saiban valorala. Parabéns!
Publicar un comentario