
Acabo de recibir un refrescante agasallo nestes inesperados días de calor.
Aspasia convídame a participar dunha curiosa iniciativa que creo vai moi acorde co espíritu da web 2.0 que tamén nos transmitiron os nosos centauros. Non quero rexeitar este estupendo regalo que paso a compartir pois parece que as normas son:
- Pór o logo no post ou no blog.
- Nomear polo menos a outros 5 blogs que mostren gran Actitude e/ou Gratitude
- Asegurarse de enlazar ben aos nomeados no post.
- Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blog.
- Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.
- O blog dunha biblioteca escolar que con moito entusiasmo está tratando de convertir un vello almacén de libros nunha dinámica biblioteca: Felices lecturas.
- A páxina de Amigus creada por un grupo de xoves para ternos informados aos ponteses de todo o que acontece na nosa pequena vila.
- Esta dirección vai cargada de ferramentas educaticas útiles para todos os docentes.
- José Antonio Millán, ten analizado como ninguén as consecuencias que o dixital exerce sobre a palabra escrita e o formato literario.
- Quero poñer de manifesto tamén o meu agradecemento aos blogs de Chiron e todas as súas iniciativas que non fan máis que abrir camiño a todos os de clásicas que imos detrás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario